Domingo, 23 de Noviembre de 2025

Xornal21
Miércoles, 14 de Febrero de 2018 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

O Goberno provincial máis de medio millón de euros a outros catro concellos da provincia para a contratación de 65 persoas

Fornelos de Montes, As Neves, Nigrán e Ponte Caldelas son as vilas que se van beneficiar destas achegas da liña 3 do “Plan Concellos 2018”.

[Img #38798]

 

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar a terceira relación de concellos que se van beneficiar das achegas da liña 3, para o fomento do emprego para a conservación e funcionamento de bens e servizos municipais, do “Plan Concellos 2018”. Así, tal e como informou a presidenta da institución provincial, Carmela Silva, Fornelos de Montes, As Neves, Nigrán e Ponte Caldelas son as vilas que van recibir máis de medio millón de euros para a contratación de 65 persoas ao abeiro da liña 3 do “Plan Concellos 2018”.

 

Máis polo miúdo, a presidenta da Deputación de Pontevedra informou que Fornelos de Montes, con 78.650,72 euros, vai contratar a 15 traballadoras e traballadores, exactamente, un tractorista e 14 peóns de obra.

 

Ás Neves o goberno de Carmela Silva achega 122.318,53 euros para contratar a 14 persoas que cubrirán os seguintes postos: un peón de limpeza, un auxiliar a domicilio, dous limpiadores, un peón varredor, dous peóns de construción, catro peóns forestais, un auxiliar administrativo e dous fontaneiros. Pola súa banda, destina 225.333,96 euros para que Nigrán conte con 26 persoas para executar obras públicas, realizar tarefas de albanelería, conserxería e xardinería.

 

 

 

 

O Plan pon este ano a disposición dos municipios 72 millóns de euros, 42 correspondentes ao Plan 2018 e 30 da liña 1 do Plan 2019, un 75% máis que o pasado ano

 

 

 

 

Amais,  a Xunta de Goberno da Deputación aprobou 122.698,16 euros para que Ponte Caldelas poida contratar a 10 traballadores e traballadoras para tarefas de xardinería e fontanería.

 

Este ano, a liña 3 do Plan Concellos está dotada de 9.540.000 euros, é dicir, un 2,5% máis que no 2017. Coas achegas aprobadas en Xunta de Goberno para os concellos de Fornelos de Montes, As Neves, Nigrán e Ponte Caldelas, “está distribuída xa o 37,16% da liña 3, é dicir, máis de 3 millóns e medio de euros que están a beneficiar xa a 23 vilas da provincia”, segundo informou a presidenta provincial.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.115

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.