VIGO
A Xunta celebra a sinatura do contrato para a construción do Centro Vialia en Vigo
A Lei 3/2016 de medidas en materia de proxectos públicos de urxencia ou excepcional interese permitirá desenvolver o conxunto da estación intermodal de Vigo a pesar de que a cidade non ten Plan Xeral.
A Xunta de Galicia celebra a sinatura do contrato entre o Adif e a empresa adxudicataria da construción e explotación do Centro Vialia no complexo da estación intermodal de Vigo, que poderá executarse grazas á lei urbanística impulsada polo Goberno galego e sen necesidade de esperar á aprobación dun novo Plan Xeral.
A Lei 3/ 2016 foi aprobada polo Goberno galego tras a anulación xudicial do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Vigo para evitar que os proxectos estratéxicos da cidade quedasen bloqueados. A devandita Lei de proxectos de medidas en materia de proxectos públicos de urxencia ou excepcional interese permite desenvolver as iniciativas máis relevantes para a cidade de Vigo mentres non se aproba un novo plan xeral.
Un deses proxectos estratéxicos para Vigo é o complexo da estación intermodal de Urzaiz, que comprende a actual terminal de ferrocarril, a futura estación de autobuses integrada e o Centro Vialia.
A Xunta de Galicia e o Ministerio de Fomento, a través do Adif, integraron o conxunto nun único proxecto para a súa tramitación na Xunta de Galicia a través da Lei 3/2016, coa fin de obter a autorización urbanística necesaria para a súa execución.
Actualmente estase a ultimar o encaixe técnico da gran actuación urbana que vai aparellada aos acceesos e que será cofinanciada pola Xunta, o Adif e o Concello de Vigo
A pesar de que o Goberno galego comezou a deseñar a nova estación de autobuses no ano 2015 e desde antón viña solicitando a implicación do Concello na definición dos accesos, non foi ata a mediados do pasado ano cando o Concello de Vigo presentou unha proposta ao respecto.
A Xunta e o Ministerio de Fomento avalialarona positiviamente e está a ser incorporada ao proxecto para a súa tramitación a través desa Lei. Trátase dunha gran actuación urbana que cofinanciarán a tres administracións e cuxo encaixe técnico está a ser ultimado para facer posible a sinatura do convenio e continuar coa tramitación.
Unha vez concluídos eses trámites, a Xunta estará en disposición de licitar as obras da nova estación de autobuses intermodal, na que investirá máis de 12.3 millóns de euros.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.118