Jueves, 20 de Noviembre de 2025

Xornal21
Martes, 13 de Febrero de 2018 Tiempo de lectura:
MOS

Esquí en familia para reforzar os lazos entre pais e fillos durante o tempo de lecer

O Concello de Mos organiza unha viaxe á estación de Leitariegos en marzo para a que abre o prazo de inscrición mañá.

A concellería mosense de Participación Cidadá que dirixe a edil Julia Loureiro organiza unha nova actividade  dentro do programa “Ocio en Familia”.

 

[Img #38811]Con ela se pretende impulsar a convivencia do neno/nena ou adolescente coa súa familia, promovendo e optimizando todos os recursos da familia e da comunidade de xeito que se garanta o desenvolvemento integral de nenos/nenas e adolescentes e a cobertura das súas necesidades básicas por parte das súas persoas proxenitoras no tocante  ao  ocio e tempo de lecer.

 

Proponse deste xeito unha nova iniciativa para o mes de marzo consistente nunha excursión á neve,  á estación invernal de Leitariegos, situada ao noroeste da provincia de León, en plena Cordilleira Cantábrica e no límite con Asturias.  

 

De este xeito, as familias descubrirán un turismo en familia con nenos e nenas, dado que esta estación  é un lugar axeitado e orientado a eles, xa que está plenamente adaptado ás súas necesidades no que se refire a instalacións, servizos e programas de actividades  ideais para a iniciación ao deporte do esquí e o snowboard .

 

Os destinatarios desta viaxe son os membros das unidades familiares do municipio de Mos con nenos e nenas que teñan idades comprendidas entre os 6 e 14 anos, ampliándose ao resto da poboación se quedasen prazas vacantes.


O prazo de inscrición abrirase mañá, martes 13 de febreiro, e renatará o día 5 de marzo. As familias interesadas en participar deberán presentar a súa solicitude no Rexistro do Concello neste período de tempo.

 

As prazas serán adxudicadas por orde de entrada da solicitude no Rexistro do Concello ata cubrir o límite total das 55 prazas, sendo necesario conseguir un mínimo de 35 participantes para poder realizarse, tendo prioridade as persoas empadroadas no Concello.


A lista de admitidos publicarase o día 6 de marzo.

 

A viaxe realizarase dende o venres 9 de marzo ata o domingo, día 11 do mesmo mes.

 

As modalidades de participación na actividades son: Modalidade A con curso esquí, aluguer de equipos, viaxe, pensión completa e seguro de accidentes; ten un prezo de 146 euros adulto e 100 euros neno/a. Modalidade B con aloxamento en pensión completa, Forfait, material e seguro en Pistas; ten un prezo de 136 euros adulto e 90 euros neno/a. Modalidade C con aloxamento en pensión completa, Forfait e seguro en pistas; ten un prezo de 112 euros adulto e 76 euros neno/a. Modalidade D con aluguer de equipos, viaxe, pensión completa, seguro de accidentes, seguro en pistas e plus por material para snowboard; ten un prezo de 171 euros adulto e 125 euros neno/a.

 

Para todas as modalidades inclúese: aloxamento de fin de semana (dúas noites, de venres e sábado, e de sábado a domingo), pensión completa: dúas ceas (venres e sábado), dúas comidas (sábado e domingo), e dous almorzos (sábado e domingo), viaxe en autocar ata o destino e retorno, seguro de accidentes e seguro de  viaxe, seguro de accidentes en pista, e dous días de remontes (Forfait) na estación de Leitariegos.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.155

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.