Domingo, 23 de Noviembre de 2025

Xornal21
Jueves, 15 de Febrero de 2018 Tiempo de lectura:
SALVATERRA DE MIÑO

Preto de 1500 persoas desfilarán o proximo sábado 17 de febreiro no Enterro da Lamprea

[Img #38831]

 

O Concello de Salvaterra de Miño pecha as inscricións do Enterro da Lamprea 2018 coa participación de  15 carrozas  e preto de 1500 persoas desfilando polas rúas da vila.

 

Un desfile que arrancou no ano 2007 e que ano a ano foise consolidando, sendo a día de hoxe un evento de referencia na comarca, onde acoden comparsas de toda a contorna. Este ano  veñen dende Salvaterra, Salceda, Tui, Mos, Ponteareas, Porriño , As Neves e Nigrán para facer as ledicias de todas a persoas que se deprazan a Salvaterra para desfrutar da festa do Entroido. Un entroido que tamén da a oportunidade de participar sen formar parte de ningunha carroza ou comparsa, a través da comitiva da defunta lamprea, formando parte dese grupo de choronas que fan o percorrido dándolle o último adeus a defunta, a esa lamprea símbolo tamén da riqueza gastronómica do noso municipio.

 

O desfile arranca ás 17.00h do sábado 17 de febreiro, percorrerá diversas rúas da vila e rematará na Praza do Concello, onde se dará lectura ao testamento e se queimará a Lamprea.

 

Ademais de moita diversión todos os asistentes poderán desfrutar dun chocolate quente, que un ano mais tamén terá en conta as intolerancias, ofrecendo chocolate sen gluten.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.115

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.