VAL MIÑOR
Os centros de día e residencias do Val Miñor celebran o entroido no Auditorio Municipal de Nigrán
![[Img #38840]](upload/img/periodico/img_38840.jpg)
Preto dun cento de usuarios dos centros de día e residencias do Val Miñor festexaron esta mañá o seu propio entroido no Auditorio Municipal de Nigrán, como ven sendo habitual ano a ano. Cada centro conformou cadansúa comparsa e interpretou unha canción ou parodia nunha xornada presentada por usuarios do Centro Juan María de Parada e que culminou cunha merenda a base de orellas de entroido.
A deliberación do xurado, composto polos concelleiros de Nigrán Alfonso Vázquez e Luis Sanromán, a edil gondomareña Rocío Cambra e a edil baionesa María Carmen Paredes, deixou como primeiro clasificado ao Centro de Día Mancomunado Val Miñor coa súa comparsa 'Álvaro Cunqueiro'. Os integrantes, disfrazados de pacientes e persoal médico, realizaron unha divertidísima e mordaz sátira sobre a precariedade da atención sanitaria. Os segundos clasificados resultaron 'Pingüinos celtistas', da residencia Vila do Conde (Gondomar); terceiros 'As flores' , de Botando unha man (Nigrán); cuartos 'Ferias indomables' da Residencia Bo día (Nigrán); e quintos 'Abellas', da Residencia Bellavista Care (Nigrán). Houbo tantas comparsas como premios repartidos.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.158