Viernes, 21 de Noviembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Miércoles, 21 de Febrero de 2018 Tiempo de lectura:
Mos

Tres dimisións na oposición mosense nos últimos dous anos

Dúas dimisións de concelleiros da oposición do Concello de Mos producíronse no pasado Pleno Ordinario da Corporación Municipal do mes de xaneiro, a de Emilio Muíños do PSOE, e a do portavoz de GañaMos, Francisco Vázquez Troitiño. Emilio Muíños Pumar pasou a ser concelleiro non adscrito, mentres que Vázquez Troitiño retírase da actividade política local de primeira liña

[Img #38879]

 

Nesta lexislatura dimitiron tres concelleiros da oposición, dous deles do PSOE. Así Alfonso Parada, voceiro do PSOE de Mos presentaba a súa renuncia o 22 de xaneiro de 2016, e Emilio Muíños o 29 de xaneiro do presente 2018, xunto con Francisco Vázquez Toitiño (Gañamos).

 

Emilio Muíños do PSOE, a diferenza de Troitiño, si que continúa na Corporación pasándose ao grupo dos non adscritos. Na súa intervención no Pleno en que se deu conta da súa decisión, o edil aclarou que "me vin obrigado a presentar este escrito para poder levar unha oposición seria, firme e construtiva para todos os veciños de Mos sen coacción" engadindo que "non me podo permitir seguir nun partido que se tenta facer asembleario, cando eu estaba nun partido estatutario, cuns estatutos e unhas normas, gusten ou non. Vir con decisións conciliadas a un pleno e a unha comisión iso para min non vale". Neste sentido, engadía que "entendo que a oposición está para achegar, para negociar e para tomar os acordos que xurdan".

 

O concelleiro saínte do PSOE de Mos, Emilio Muíños, nega que se marchase molesto por non atopar apoio para conformar unha lista alternativa á nova executiva segundo trascendeu.  Muíños asegura que en ningún momento quixo formar unha lista alternativa e admite que "máis ben me privaron a min de presentarme voluntario para a provincial, incluso forzando a votación con urna". O edil insistía en que "non formarei parte do cambio que queren aplicar no partido, eu sempre pertencín a un partido estatutario, xamais asembleario".

 

Pola súa banda o líder da oposición en Mos, Francisco Vázquez Troitiño renunciou á súa acta de concelleiro, aludindo a “problemas de coordinación” co seu grupo político. Desavenencias coa súa formación que se acrecentaron cundo foi presentada a cidade deportiva do Celta, amosando o seu apoio ao proxecto de xeito unilateral. "Creo que iría contra o benestar da maioría dos mosenses se me opuxera de entrada a este proxecto por motivos partidistas... ou por outros intereses” manifestou. Trotiño dixo ao irse que aceptaba como demócrata que "a asemblea é soberana nas decisións de GañaMos, pero eu por ética e conciencia non podo continuar participando en actuacións coas que non concordo en que sexan o mellor para Mos”. Troitiño tamén criticaba o feito de que no seu partido creouse “dende 2016 un equipo de prensa e redes sociais á marxe dos concelleiros, e marcouse unha liña de actuación e difusión lonxe da miña forma de pensar".

 

Na súa última sesión plenaria Troitiño mostraba o seu descontento con GañaMos votando por libre, apoiando as propostas do goberno. Na súa despedida no Pleno Troitiño falou de grandes temas pendentes coma “o abandono do Rebullón, paralización do urbanismo, ou o perigoso enlace entre a AP-9 e Puxeiros, tamén dixo marcharse orgulloso "pola mellora dos servizos sociais durante a miña estancia aquí. É admirable que ningunha persoa de grao 2 ou 3 estea en lista de espera e de ter case o dobre de investimento por habitante que Vigo". Nesta liña tamén mencionou a importancia de que "saísen adiante" sendas peonís e transformacións urbanísticas.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.61

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.