Domingo, 23 de Noviembre de 2025

Xornal21
Domingo, 18 de Febrero de 2018 Tiempo de lectura:
TOMIÑO

A Xunta publica a aprobación do trazado e expropiacións para a construción da variante do Seixo

Trátase dunha vía de novo trazado que proporcionará unha alternativa para reducir o intenso tráfico do núcleo urbano do Seixo e mellorar a conexión futura coa vía de altas prestacións Tui-A Guarda.

A Consellería de Infraestruturas e Vivenda publicaba esta semana o anuncio polo que se aproba definitivamente o proxecto de trazado para a mellora da conexión entre as estradas Tomiño-Sabarís e a PO-344, ao seu paso polo núcleo urbano do Seixo, e o seu expediente de información pública.

 

No seguinte enlace ao DOG pódese ampliar a información relativa ao anuncio publicado: https://goo.gl/XDgZV6

 

Esta actuación, que suporá un investimento total de 3,5 millóns de euros, busca  mellorar a conectividade da estrada provincial Tomiño-Sabarís (EP-3102), concretamente na avenida da República Arxentina, no núcleo de Seixo, e reducir o intenso tráfico que se rexistra actualmente a PO-344, na rúa Gondomar, grazas á un trazado dunha nova estrada que actúe de variante da PO-344 no núcleo urbano do Seixo.

 

[Img #38899]

 

A nova vía proporcionará unha saída natural á avenida da República Arxentina, e á estrada provincial que conduce á Pedra cara o leste do núcleo, e permitirá a futura conexión da PO-344 coa vía de altas prestacións Tui-A Guarda, sen necesidade de atravesar o núcleo urbano. Tamén, comunicará os equipamentos existentes na estrada EP-3102 como o CEP Pedro Caselles, co centro de saúde, a residencia asistida, e mesmo co Instituto de Tomiño, inmediatos á avenida da República Arxentina.

 

Esta vía terá unha lonxitude de algo máis de 1,3 quilómetros e conectará coa estrada EP-3102 polo sur, coa PO-344 ao norte do núcleo de Seixo, así como co enlace previsto da vía de altas prestacións Tui-A Guarda. Será unha estrada con dobre sentido de circulación, de 10 metros de ancho, seis para unha senda peonil e ciclista, bermas de 0,5 metros, e gabias de dous metros.

 

No seu trazado está prevista a execución de cinco glorietas nas interseccións coas rúas existentes e proxéctase a maiores unha conexión urbana de 150 metros para unir a nova vía co centro urbano de Seixo.

 

Tras encargarse de supervisar e aprobar o proxecto, a Administración autonómica destinará case 1 millón de euros ao proceso expropiatorio. O Goberno galego cumpre así os compromisos adquiridos no convenio que asinou en agosto pasado co Concello de Tomiño e a Deputación de Pontevedra para o impulso conxunto desta actuación.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.115

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.