Sábado, 17 de Enero de 2026

Xornal21
Lunes, 19 de Febrero de 2018 Tiempo de lectura:
TUI

Campionato Galego de Patinaxe de Grupos Show Xuvenís e Cuartetos en Tui o sábado 24

O CPA Ribex competirá este sábado no Campionato Galego de Patinaxe de Grupos Show Sénior onde buscarán a clasificación para o Campionato de España.

O CPA Ribex de Tui, nas próximas datas, ten dúas citas moi importantes no seu calendario desta tempada, onde se xogan a maior parte dos seus obxectivos deste ano 2018.


Así, este sábado 17, o grupo show sénior buscará a súa clasificación para o Campionato de España, no Campionato Galego de grupos show, que se celebrará no pavillón Santa Isabel de Santiago de Compostela.


E o sábado 24,  a cita será co Campionato Galego de Grupos Show Xuvenís e Cuartetos, que se celebrará no novo pavillón deportivo municipal de Tui, dende as 17.30 horas, organizado polo propio CPA Ribex, en colaboración coa Federación Galega de Patinaxe e o Concello de Tui.


Dende as 10.30 ata as 14.00 horas, os clubs participantes realizarán os adestramentos, a razón de 15 minutos por cada club. A competición iniciará ás 17.30 horas, coa categoría grupos xuvenil, e ás 19.05 coa de cuartetos.
O custe da entrada para este campionato será de 5€, sendo gratuíta para os menores de 7 anos.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.