ACTUALIDAD
Roi Scroll impulsa a nova era dixital de Galicia
![[Img #38955]](upload/img/periodico/img_38955.jpg)
A axencia de marketing online Roi Scroll, fundada en Vigo en outubro de 2014, pechou 2017 cunha facturación próxima ao millón de euros e arrinca 2018 inaugurando nova sede na rúa Policarpo Sanz 3, no quilómetro cero da de Vigo. “Grazas á confianza de clientes como Pescanova, R cable, Hijos de Rivera, Ternera Gallega ou Pizza Hut, entre moitos outros, o noso desenvolvemento foi exponencial e a anterior sede, situada en Taboada Leal, empezaba a quedar pequena”, explica Javier Barreira, CEO de Roi Scroll.
Roi Scroll viu a luz no ano 2014 despois de que o vigués, nacido en Suíza, Javier Barreira fundase outras empresas ligadas ao marketing dixital e dirixise grandes contas internacionais desde a experiencia da multinacional. “Concibín unha axencia cunha misión moi clara: contribuír a madurar a nova era dixital de Galicia a través da orientación ao cliente e o servizo a medida das necesidades de cada empresa. E o noso modelo de negocio está a funcionar, poñendo de relevo que o tecido empresarial de éxito en Galicia está a cambiar. Pechamos 2017 triplicando a facturación do ano anterior, coa satisfacción de contribuír ao abrazo da cultura dixital de decenas de empresas da nosa comunidade e coa alegría de cuadriplicar o persoal, incorporando mesmo talento emigrado”, explica o CEO de Roi Scroll.
![[Img #38957]](upload/img/periodico/img_38957.jpg)
“Hoxe en día as empresas galegas que non pensen en dixital teñen un problema para conectar cos novos públicos. Nós asesorámoslles nos seus procesos de adaptación aos ecosistemas dixitais e medios sociais, integrámonos no negocio dos nosos clientes e comprometémonos cos seus resultados coma se fosen os nosos”, sostén Laura Ma Vázquez, Client Services Director & CMO da axencia. “O noso obxectivo non é o crecemento en número de clientes senón o da mellora da calidade do noso servizo. Somos unha axencia dixital líder, que pensa estratexias e implementa accións de forma diferente. Somos orixinais, innovadores e creativos pero, sobre todo, somos próximos e de confianza. Por iso tratamos de traballar con clientes que estean na mesma sintonía que nós e gústanos pensar que somos a axencia das marcas con paixón e emoción, que aspiran ao liderado e a marcar a diferenza na vida das persoas”, explica Vázquez Viaño.
Na actualidade a axencia conta cun equipo senior especializado nas distintas disciplinas do marketing online –social media, influencer marketing, performance marketing, inbound marketing, content marketing e data driven marketing– e, ademais de estrear nova sede, a axencia renovou por completo a súa identidade corporativa e publicado nova web.
O logotipo pasou dun negro sólido, apoiado polo claim “dixital business”, a unha nova imaxe con forma cadrada, de igual lonxitude e altura, que representa o equilibrio e dá sensación de dureza e forza. O cadrado, inspirado no concepto dun píxel, ábrese por unha das súas interseccións para que tanto o espazo interior como o exterior queden en harmonía e abertos á xente, aos cambios e ao mundo que lles rodea. Así mesmo, a nova identidade corporativa da axencia busca dotar á marca de dinamismo e mocidade, con cores vivas e desenfadadas para que contrasten coa robustez do cadrado, representando así o dinamismo e actualidade dunha axencia de marketing online á vangarda da tecnoloxía dixital.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.104