Viernes, 07 de Noviembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Viernes, 16 de Febrero de 2018 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

O concello do Porriño terá novo orzamento por primeira vez dende 2012

[Img #38960]

 

O Porriño estreará orzamentos logo de seis anos de prórrogas das contas municipais tra-lo acordo acadado pola alcaldesa cos voceiros de EU-SON, Pedro Pereira, BNG, Pedro Ocampo, e a concelleira do Grupo de Non Adscritos, Sabela Landín. Dende o Concello lembran o feito de que “o goberno do PP non foi quen de aprobalos entre 2012 e 2015 maila a ter maioría absoluta”.

As contas que ían este xoves a un Pleno Extraordinario, serán ratificadas a semana que ven nunha nova xuntanza da Corporación, tempo que será necesario para incorporar as propostas, negociadas ata apenas 2 horas antes do comezo do Pleno e, segundo subliña Eva García de la Torre, “abren tamén unha marxe para intentar sumar aos oito concelleiros do Partido Popular”.

A alcaldesa amósase “moi satisfeita” polo feito de reeditar o apoio que tivo na sesión de investidura e recoñece e agradece a “actitude e a predisposición de Pedro Ocampo [voceiro de EU-SON], Sabela Landín [Non Adscritos] e Pedro Pereira [portavoz do BNG], para poder sacar adiante estas contas”.

García de la Torre, quen reitera que este acordo é froito dun traballo “moi intenso e prolongado”, sinala que o contido do novo orzamento é “realista”, con partidas “suficientemente dotadas para non ter que acudir a outras fórmulas, como os créditos extraordinarios” e, sobre todo, “fai posible que contemos con máis de 3 millóns que se adicarán integramente a inversión para resolver moitos dos problemas que preocupan ás veciñas e veciños do Porriño”.

Estes 3 millóns terán como destinos principais a extensión da rede municipal de saneamento ás parroquias; a mellora de camiños e estradas municipais; a realización dun estudo urbanístico, social e medio-ambiental, “moi polo miúdo”,  en Torneiros; acometer una “moi necesaria e agardada” humanización de San Benito ou afrontar a regularización da situación de traballadores municipais e considerar una Oferta Pública de Emprego na medida que nos permita a lei.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.