MOS
Nove saídas formativas para os 15 alumnos do Obradoiro de Emprego Mos Verde II
As visitas foron específicamente relacionadas coas dúas disciplinas do obradoiro, xestión de residuos e deseño gráfico.
![[Img #38972]](upload/img/periodico/img_38972.jpg)
Os alumnos-traballadores do Obradoiro Municipal de Emprego Mos Verde II realizaron xa un total de 9 saídas formativas dende o inicio do obradoiro, o pasado 29 de setembro de 2017. Mos Verde II está integrado por 15 alumnos/as-traballadores/as menores de 30 anos de idade, 9 dos cales pertencen á especialidade de Limpeza de espazos abertos e xestión de residuos e os outros 7 á especialidade de Deseño Gráfico. Este Obradoiro de Emprego rematará o vindeiro 28 de marzo.
As visitas formativas realizadas dende a especialidade de Limpeza de espazos abertos e xestión de residuos foron seis: ao Punto Limpo do polígono da Veigadaña, á Depuradora de Guillarei, ás plantas de Sogama en Cerceda e O Porriño, a planta de FCC no Barbanza e aos composteiros comunais do Concello de Vilavoa.
A visita ao Punto Limpo do Concello de Mos, sito no Parque Empresarial PEMOS-Veigadaña, foi a primeira visita formativa para poder coñecer os tipos de residuos que chegan ao Punto Limpo, así como a xestión que se realiza cos mesmos.
A visita á EDAR de Guillarei facilitou aos alumnos a comprensión da materia impartida en clase, así como a visualización dos procesos para a depuración da auga e tratamentos biolóxicos. Puideron tamén visitar un laboratorio in situ.
Tanto a planta de transferencia de Sogama en Porriño como a de Cerceda permitíronlles ver aos alumnos-traballadores do obradoiro tipos de residuos xestionados, composición dos mesmos, así como coñecer a normativa en materia urbana, estatal e autonómica e visualizar os procesos de selección e transformación. Puideron identificar os colectores de superficie e subterráneos e adquirir coñecementos en valorización de residuos.
A visita á planta de FCC no Barbaza foi moi interesante xa que os alumnos coñeceron a regra das tres erres: reducir, reutilizar e reciclar; e observaron un proceso completo de recollida (recollida selectiva, separación e selección dos residuos así como a súa recuperación). A planta de FCC realiza unha recollida selectiva dos residuos e operarios sepáranos a man en cadea para logo realizar os procesos de recuperación e reciclado (trituración, cribado, separación, clasificación magnética, extrusión e almacenado).
No Concello de Vilaboa os membros de Mos Verde II tiveron a oportunidade de visitar os composteiros comunais do Plan Provincial Revitaliza. A visita formativa a Vilaboa permitiulles coñecer o tratamento do proceso de compostaxe, os seus usos e as súas aplicacións. Puideron ver o proceso completo, como se traballa, a incorporación do estructurante e as fases e tempos do compost. Esta saída formativa realizouse da man dos Mestres Composteiros do Plan Revitaliza.
Por outra banda as visitas realizadas pola especialidade de Deseño Gráfico foron tres: á Imprenta Tórculo en Santiago por Gráficas Mon & Mon, á empresa de Rotulación Visualiza en Mos e á Serigrafía Vicpor en Porriño. Estas tres saídas permitíronlles aos alumnos ver os soportes de impresión, papeis de impresión, condicións de corte e encartado. Tamén observaron os diferentes tipos de acabado, maquetación, elementos gráficos, arte final e imaxes para proxectos gráficos.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.155