Domingo, 23 de Noviembre de 2025

Xornal21
Sábado, 17 de Febrero de 2018 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

O Goberno de Carmela Silva destina 100.000 euros a entidades para o fomento da igualdade

A Deputación de Pontevedra incrementou, este ano, as achegas destas subvencións un 47%, é dicir, 32.000 € máis que no 2017.

[Img #38980]

 

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, deu conta da aprobación, en Xunta de Goberno, das bases das subvencións destinadas a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para o fomento da igualdade de oportunidades e a loita contras as violencias machistas. Estas achegas, por valor de 100.000 euros e por concorrencia competitiva, súmanse ás aprobadas a semana pasada, por valor de 220.000 euros, dirixidas aos concellos da provincia que están a desenvolver proxectos en prol da igualdade e para previr as violencias machistas.

 

Carmela Silva subliñou que “é unha das nosas liñas estratéxicas e obxectivo prioritario o fomento da igualdade efectiva de oportunidades entre mulleres e homes e a loita contras as violencias machistas”. Por este motivo, “estou moi satisfeita de que nun prazo dunha semana teñamos aprobadas achegas, tanto para concellos como para entidades, por valor de 320.000 € para proxectos e actuacións que teñan por obxectivos acadar a igualdade e eliminar a lacra das violencias machistas”.

 

Poderán presentarse a esta convocatoria as entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro que estean inscritas na área de Igualdade do Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais, que teñan a súa razón social ou delegación na provincia de Pontevedra. En liñas xerais, serán obxecto de subvención, no marco desta convocatoria, proxectos e actividades de sensibilización, formación e prevención da violencia machista; proxectos de atención integral a vítimas desta violencia, fillas e fillos e persoas dependentes ao seu cargo; programas e actuacións destinadas a mulleres en situación de especial vulnerabilidade e con singulares dificultades; proxectos e actividades que favorezan e fomenten a igualdade entre mulleres e homes; proxectos encamiñados a mellorar a formación e a orientación para o emprendemento e a inserción laboral das mulleres; accións dirixidas a crear redes e servizos de apoio que favorezan a conciliación da vida persoal, familiar e laboral e campañas de difusión e sensibilización da cidadanía en materia de igualdade.

 

 

 

 

Nestes tres anos a institución provincial destinou 317.000 € a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para o fomento da igualdade e a loita contra as violencias machistas

 

 

 

 

A deste ano, trátase da terceira convocatoria de subvencións dirixidas a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro da provincia que están a desenvolver proxectos, programas e actividades para a igualdade entre mulleres e homes e a loita contra as violencias machistas. “Ata que chegamos nós ao goberno da Deputación non existía nin servizo de Igualdade, nin políticas de igualdade, nin axudas para entidades que traballan para acadar a igualdade de oportunidades e loitar contra as violencias machistas – destacou Silva-. Deste que as puxemos nós en marcha xa se beneficiaron desta liña de axudas 52 entidades de iniciativa social da provincia de Pontevedra”.

 

A presidenta da Deputación de Pontevedra recordou que “no 2017 estas bases estiveron dotadas de 68.000 € aos que se sumaron 32.000 € de subvencións nominativas, ascendendo as achegas a entidades de iniciativa social que están a traballar en prol da igualdade ata os 100.000 €”. Este ano, informou Silva, “as achegas increméntanse en 32.000 €, é dicir, un 47%, xa que as subvencións que acaba de aprobar a Xunta de Goberno están dotadas con 100.000 €, ás que hai que engadir outros 32.000 € de subvencións nominativas”.

 

O prazo para a presentación de solicitudes será de 30 días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria no BOPPO.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.137

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.