TUI
Tui celebrará en xullo o ‘Pacto de Tui’
O goberno municipal aposta por conmemorar cada mes de xullo esta efeméride do Século XII. Dende Arraianos lamentan non poder facer "nada para impedir que o Concello aprópiese das ideas iniciais dun evento creado de forma altruísta"
![[Img #38985]](upload/img/periodico/img_38985.jpg)
O goberno municipal de Tui aposta pola celebración do Pacto de Tui, cunha festa que pon en valor a rica historia medieval da cidade vinculándoa a sinatura deste pacto que tivo lugar o 4 de xullo do 1.137. Con este evento "crearíase marca cidade, xa que tal e coma o nome do propio pacto indica só se podería celebrar en Tui, e ao tempo cubriría a carencia dun festexo importante estival, combinando no mesmo o compoñente medieval, e o atractivo de concertos destacados" sinalan nun comunicado de prensa.
Ante "a aposta decidida polo pacto de Tui o alcalde, Carlos Vázquez Padín, comunicou hai quince días nunha xuntanza á directora do festival Arraianos, que se celebrou os dous últimos anos en Tui no mes de setembro, esta decisión entendendo que non ha lugar para a celebración de dúas festas medievais na cidade, e convidando á organización de Arraianos a facerse cargo da parte medieval do Pacto de Tui. Unha invitación que con posterioridade foi declinada pola directora do evento" explican.
Carlos Vázquez Padín explica que "xa no proxecto de orzamentos par 2018 figura unha partida de 30 mil euros para este festexo, un evento que entende xeraría sinerxías entre a propia marca cidade e marca da festa".
Dende Arraianos lamentan a decisión
Segundo explican desde a Organización de Arraianos “cancélase para a creación dun novo festival para o que o Concello de Tui realizaría unha maior achega económica. Os principios serían os mesmos establecidos con anterioridade polo Festival Arraianos pero cun cambio de data e de nome. Estes cambios impídennos denunciar calquera vulneración da propiedade intelectual rexistrada, sen poder facer nada para impedir que o Concello aprópiese das ideas iniciais dun evento creado de forma altruísta”.
Aseguran que “hai uns anos, cando presentamos o Festival, puxémonos en contacto con tres partidos políticos distintos e todos eles creron en nós. Hoxe, atopámonos sen razóns de peso para que o Concello compre o festival, expondo achegar máis diñeiro a cambio do mérito da organización”.
Por último indican “estamos moi tristes porque esta decisión do actual goberno acaba coa vida dun mozo e prometedor festival que pretendía ser independente á marxe do partido político no poder”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149