Domingo, 21 de Diciembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Miércoles, 21 de Febrero de 2018 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

ialma, a voz do Miño en Recantos

iAlma, de 32 anos natural de Vigo pero afincada en Carracido – O Porriño é a Recanteira polo Miño nesta 8º edición do Concurso Recantos.

 

P: Como empezáches no mundo da música?

 

R: Comencei de ben nena. Meu pai era un enamorado da música e así crecimos nos. E como unha das miñas [Img #39021]irmás  estudiaba xa piano foi ela quen me ensinou as primeiras cousas. As dúas comezamos estudando piano pero curiosamente as dúas acabamos cantando.

 

P: Cal é a túa experiencia musical?

 

R: Estudei no Conservatorio Reveriano Soutullo Piano e Violín ata 4º e 2º de grado profesional respectivamente. Pertencín a Orquesta Clásica “Divertimento” de Ponteareas. Ademáis aprendín guitarra e gaita na escola de música do Porriño. Alí foi onde empecei a cantar, na Coral Polifónica da misma escola, da man de Raquel Sestelo.

 

Formei parte de diferentes grupos de pop-rock como baixista, instrumento que comecei a tocar de forma autodidacta e logo da man de Carlos Segovia.

 

Foi xa con 18 anos que souben que o que máis me gustaba era cantar e empecei a formarme en canto moderno e logo en canto Clásico no Conservatorio Profesional de música de Vigo.

 

A miña experiencia profesional é sobretodo no mundo coral, onde xa levo 15 anos exercendo de directora de diferentes agrupacións corais.  Unha actividade que compaxino a día de hoxe coa docencia na escola de canto EmocionArte.

 

P: Que te levou a presentarte a este Concurso?

 

R: A verdade que non o tiña en mente pero unha alumna insistiume moito en que fixera o casting. E, despois de negarme por varias veces e deixalo en mans do azar... Fun a última en facer a proba, sen esperar que me colleran falando sinceramente.

 

P: Que esperas do programa, cal é o teu obxetivo?

 

R: Despois de deixar de lado a parte de interprete pola docencia e de algunhas malas experiencias, voltar a cantar e seguir aprendendo. A aprendizaxe tanto a nivel artistico coma persoal é o que busco como participante de este programa

   

P: Como te sintes como representante de O Miño?

 

R: Moi afortunada e agradecida. Sen dúbida é un dos recantos máis fermosos que ademáis está moi ligado a miña vida musical. É un pracer e unha resposabilidade inmensa poder representar tantas persoas e unha terra cunha forte tradición musical.

 

[Img #39020]

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.