Lunes, 24 de Noviembre de 2025

Xornal21
Jueves, 22 de Febrero de 2018 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Os 1.200 quilómetros das estradas provinciais dispoñerán de fitos quilométricos

A Deputación de Pontevedra sinalizará por primeira vez uns 1.200 quilómetros da súa rede provincial de estradas con novos fitos quilométricos. Estes novos sinais identificarán que a vía é titularidade da institución provincial, o seu correspondente inicio e o final, así como a súa quilometraxe, e servirán como referencia e situación para persoas usuarias e persoal técnico de mantemento, segundo explicou o deputado de Mobilidade Uxío Benítez.


O deputado responsable das vías provinciais destacou que nestes momentos a maior parte das estradas da Deputación non están sinalizadas como tales, xa que apenas se fixeron campañas ao respecto por parte dos anteriores gobernos provinciais. Neste sentido, destacou que apenas se instalou sinalización vertical desta tipoloxía na comarca do Salnés e noutros concellos espallados, onde se colocaron monólitos co antigo logotipo provincial.


O novo contrato aprobado polo Departamento de Mobilidade supón a sinalización do 70 % do viario que a día de hoxe non está sinalizado. Os novos sinais estarán formados por placas rectangulares reflexivas, de deseño  atemporal e con certificado de conformidade CE, seguindo o criterio que tamén utilizan o Ministerio de Fomento e a Xunta de Galicia para o seu viario. Achegarán datos da denominación oficial da estrada (EP –correspondente ás iniciais de estrada provincial–), o seu número (cuxas dúas primeiras cifras corresponden aos concellos nos que se sitúa e as dous seguintes ao número de vía provincial dentro do municipio), así como os puntos quilométricos onde están situados, desde o inicio ao final da estrada. Ademais de para situar aos condutores servirán tamén como dato técnico para reformular futuras obras.


Benítez apunta que o contrato para a subministración e instalación dos fitos quilométricos divídese en catro lotes –organizados en función do traballo dos vixiantes de zona das estradas provinciais– que suman un orzamento de 370.658,49 euros. O primeiro lote abarcará as comarcas de Pontevedra, Vigo, O Condado e A Paradanta (cun orzamento de 82.910,87 euros), onde serán instalados 411 fitos; o segundo lote supoñerá a colocación de 359 sinais nas comarcas de Pontevedra, O Morrazo e Caldas (cun orzamento de 72.287,83 euros); o terceiro lote supoñerá a instalación de 428 fitos nas comarcas de Vigo, O Baixo Miño, O Condado, Caldas e O Salnés cun orzamento de 86.569,73 euros; e finalmente, para as comarcas do Deza, Tabeirós e Caldas destínanse 128.890,06 euros para 640 sinais.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.85

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.