• Fotos de Lectores
  • Edición impresa
  • Publicidad
  • Contacto
  • Iniciar sesión
  • Regístrate
Xornal21 - Noticias del sur de Pontevedra y la provincia | Actualidad de Galicia

Martes, 20 de Octubre de 2026

Actualizada Lunes, 19 de Octubre de 2026 a las 20:25:56 horas

  • Portada
  • Vigo
  • Redondela
  • A Louriña
    • Mos sirve 2.000 raciones de codillo y homenajea a su rondalla

      Mos sirve 2.000 raciones de codillo y homenajea a su rondalla

    • Mos
    • O Porriño
    • Salceda de Caselas
  • O Condado
    • Ponteareas celebra la cuarta edición de 'Pinchotea' con 12 locales

      Ponteareas celebra la cuarta edición de 'Pinchotea' con 12 locales

    • Ponteareas
    • Salvaterra de Miño
    • Mondariz
    • Mondariz Balneario
    • As Neves
  • Baixo Miño
    • Tui completa el Paseo da Corredoira con 550.000 euros de la Deputación

      Tui completa el Paseo da Corredoira con 550.000 euros de la Deputación

    • Tui
    • Tomiño
    • A Guarda
    • O Rosal
    • Oia
  • Val Miñor
    • Baiona combina pesca, sostenibilidad y educación ambiental

      Baiona combina pesca, sostenibilidad y educación ambiental

    • Nigrán
    • Baiona
    • Gondomar
  • Provincia
  • Galicia
  • Deportes
  • Más Noticias
    • Toyota presenta el autobús de hidrógeno Sora: 300 km de autonomía

      Toyota presenta el autobús de hidrógeno Sora: 300 km de autonomía

    • Motor
    • Sucesos | Sociedad
    • Cocina - Gastronomía
    • Actualidad
    • Turismo
    • Salud
    • Seguridad
    • Libros
    • Cine | TV | Videojuegos
    • Empresa y comercio
    • Solidarios
    • Cultura | Espectáculos
    • Hogar
    • Humor
Xornal21 - Noticias del sur de Pontevedra y la provincia | Actualidad de Galicia
  • Portada
  • Vigo
  • Redondela
  • A Louriña
    • Sección A Louriña
    • Mos
    • O Porriño
    • Salceda de Caselas
  • O Condado
    • Sección O Condado
    • Ponteareas
    • Salvaterra de Miño
    • Mondariz
    • Mondariz Balneario
    • As Neves
  • Baixo Miño
    • Sección Baixo Miño
    • Tui
    • Tomiño
    • A Guarda
    • O Rosal
    • Oia
  • Val Miñor
    • Sección Val Miñor
    • Nigrán
    • Baiona
    • Gondomar
  • Provincia
  • Galicia
  • Deportes
  • Más Noticias
    • Sección Más Noticias
    • Motor
    • Sucesos | Sociedad
    • Cocina - Gastronomía
    • Actualidad
    • Turismo
    • Salud
    • Seguridad
    • Libros
    • Cine | TV | Videojuegos
    • Empresa y comercio
    • Solidarios
    • Cultura | Espectáculos
    • Hogar
    • Humor
  • Iniciar sesión
  • Regístrate
  • Fotos de Lectores
  • Edición impresa
  • Publicidad
  • Contacto
Xornal21
Jueves, 22 de Febrero de 2018 Tiempo de lectura:
VIGO

Chega a Vigo '#camiños' de ButacaZero en coprodución co CDG

A terceira parada da xira é a terra da Compañía, e tamén a do elenco, que se formou na ESAD de Galicia.

[Img #39085]

 

Acaba de rematar a xira de Voaxa e Carmín, pero ButacaZero, non para. Desta vez, sorprende con #camiños, unha peza de teatro físico, poético e moi político que pecha unha triloxía sobre a memoria.

 

A nova peza da compañía ven abalada ademais polo Centro Dramático Galego, que coproduce o espectáculo. Foi precisamente no Salón Teatro onde estiveron durante dúas semanas de residencia técnica no mes de xaneiro, antes de estrearse a obra o 25 de xaneiro. E trala estrea, e despois de facer parada na Coruña, concretamente o Teatro Colón, chega por fin a  Vigo, onde se poderá ver o 24 e 25 na Sala Ártika. Serán, sen dúbida, dúas funcións ben especiais xa que o equipo técnico e artístico ao completo reside na cidade olívic. Xavier Castiñeira, o director da peza, é docente na ESAD de Galicia que se atopa no barrio de Navia, e o elenco ao completo, así como a dramaturga, formaronse na mesma escola.

 

A OBRA

Con Voaxa e Carmín, Carrodeguas quixo abordar a memoria histórica. Con Na butaca, a memoria individual. E desta vez, trátase de levar a escena a memoria do noso pobo: o galego. #camiños nace dunha investigación sobre a multitude de aldeas abandonadas que, cada día máis e máis, enchen a nosa terra. E percorrendo eses camiños na procura de lugares deshabitados, Carrodeguas e Castiñeira foron tecendo unha peza que nos leva, precisamente, de camiño a nós mesmos, ao que somos e ao que desexamos ser, ao que fomos un día e ao que un día, podemos chegar a ser. Quen somos os galegos do século XXI? Como nos colocamos no mundo nós, que levamos sempre o móbil pegado á man e vivimos nun mundo globalizado? Que queda dos e das nosas devanceiras dentro da nosa sociedade. Para tecer este mapa, ButacaZero bota man de todos os rexistros escénicos necesarios: coreografías, teatro físico, bufón, música, playback, pasarela, audiovisuais. Unha peza imbuída por un espírito millenial, que, ao igual que as redes sociais nas que adoitamos gastar o noso tempo, é un collage ecléctico que tenta explicar o noso mundo. Un aluvión escénico que pretende non deixar a ninguén indiferente. Unha festa teatral na que celebrármonos pero tamén, reflexionármonos. 

 

AS CHURRASCAS

“aDiosRíos_aDiosFontes”, é o título do primeiro “hit” d’As Churrascas -grupo musical nacido para a peza teatral e composto polas cinco actrices- e no que cantan (e bailan), a Rosalía de Castro, sobre base electrónica, masterizada por Diego Barreiro (Producciones Bo Peixe). O videoclip nace para dar visibilidade á proposta teatral e como resulta evidente, é unha nova versión, neste caso electrónica, do coñecido poema de Rosalía de Castro “Adiós ríos, adiós fontes”. Tanto o single como a coreografía formarán parte da proposta teatral, xunto con outras dúas pezas que se poderán escoitar (e disfrutar) durante o espectáculo en rigoroso playback. O videoclip, grabado en diversas localizacións entre as cales o monte queimado de Chandebrito ou o encoro seco de Eiras, veu realizado por Fran X. Rodriguez (I do Visual), quen levou o Mestre Mateo o pasado ano, precisamente, polo videoclip “Restos de un naugfragio” de Igloo.

 

O EQUIPO

Para abordar #camiños, ButacaZero decide volver usar o tándem que xa utilizaran para Voaxa e Carmín, xa que será de novo o coruñés Xavier Castiñeira quen asine a dirección. Pero desta vez, a propia Carrodeguas vai ficar tamén en escena, acompañada de Noelia Blanco, Celina Fernández Ponte, Pía Nicoletti e Noa Covelo. Cinco actrices que lucirán en escena grazas a Diego Valeiras, que se encargará do Vestiario, a Javier Quintana, que se encargará das luces e a Alba Blanco, quen tamén guiara o traballo corporal en Voaxa e Carmín e que asumirá a dirección da parte coreográfica. A última peza deste collage é Fran X. Rodriguez, que asina os audiovisuais ademáis do videoclip.

 

A maiores, a peza virá distribuída por Culturactiva, coopertativa cultural xa ben asentada na nosa terra, xa que leva dende o ano 2000 traballando na distribución e produción escénica e musical, na formación e na xestión integral de programacións e proxectos culturais comprometidos e transformadores. 

 

BUTACAZERO. A COMPAÑÍA

ButacaZero é a plataforma creativa de Esther F. Carrodeguas e Xavier Castiñeira, que propoñen un teatro que dialoga directamente co mundo actual: un teatro necesario. A investigación e a reflexión dende un ollar crítico e irónico son  as claves que definen as súas propostas que se concretan en dramaturxias feitas á medida nas que a tradición teatral se mestura coas posibilidades que ofrece o audiovisual en  escena.

 

ButacaZero deuse a coñecer no ano 2016 na Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia con Voaxa e Carmín, peza que inicia unha triloxía sobre a memoria, neste caso histórica, ao levar a escena  a Maruxa e Coralia Fandiño Ricart, as coñecidas Marías de Santiago de Compostela. No 2017 estrean na butaca [fantasía nº3 en Dor Maior], un solo de teatro•danza no que se aborda a memoria dende o esquecemento individual, investigando sobre as demencias.  Con #camiños, que se estreará no 2018, péchase esta triloxía reflexionando sobre a memoria dun pobo: o noso.

 

XAVIER CASTIÑEIRA. O DIRECTOR.

Artesán da escena. Respectuoso co ollar intelixente do espectador. Interesado na mestura da realidade e os mundos poéticos da escena. Os seus últimos espectáculos; El Buscón, Voaxa e Carmín, #camiños revelan a necesidade de experimentar con formas escénicas no que conviven a tradición e a modernidade.

 

Licenciado en Dirección de escena pola Resad a súa carreira transcorre xunto a diferentes mestres da dirección galega, nacional e internacional como Manuel Lourenzo, Ana Vázquez de Castro, Fabio Mangolini, Andrés del Bosque... A súa formación recolle diferentes métodos que inclúen a gramática corporal de Lêcoq, a preexpresividade de Barba, a diana de  Donnellan, a repetición de Meissner, o análise activo de Stanislavski...

 

ESTHER F. CARRODEGUAS. A DRAMATURGA 

Esta rianxeira asenta o seu currículo entre as letras, o audiovisual, e o teatro. A súa escrita cabalga sobre os lindes que separan os xéneros, sendo moitos dos seus textos difíciles de clasificar. Premiada co Pedrón de Ouro polo relato Subir o telón (Edicións do Castro, 2008), con Collage (Barbantesa, 2011) reafírmase nunha escrita persoal e poética. A partir de entón, a súa carreira profesional foi derivando de cara ao teatro. Graduada en Dirección e Dramaturxia pola ESAD de Galicia no 2016, déixase notar a súa formación previa como xornalista, non só na súa colaboración coa Revista Galega de Teatro, senón tamén no seu teatro que nace dunha necesidade vital de investigación. Así naceu Voaxa e Carmín (Difusora de Artes, Letras e Ideas, 2016. Premio Abrente de Textos Teatrais 2015), na butaca (Ed. Galaxia, 2017, estreada con ButacaZero tamén no 2017) e por suposto #camiños.

 

#camiños

SINOPSE 

Carolina viaxa de cara aos EEUU. Daiana, neta dunha emigrada galega, volve da Arxentina. Comparten asento no aeroporto. E entre elas, debúxanse milleiros e milleiros de #camiños. Camiños que unen as aldeas coa cidades, os poemas de Rosalía coa música electrónica, o spinning co churrasco, e as fotos viradas sepia coas que acabamos de colgar en ínstagram…

 

FUNCIÓNS SALA ÁRTIKA (VIGO). 24 febreiro 21:30 e 25 febreiro 20h.

 

Noticia anterior:
Espacio Nido: 6 años de coworking en Galicia
Noticia siguiente:
A Xefatura Territorial presenta a proposta de zonificación de Vigo ante a Xunta de persoal docente
Comentarios Accede para comentar como usuario
Comentar esta noticia Accede para comentar como usuario

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.217.65

Todavía no hay comentarios

Actualidad

Ahorrar hasta 10.000 euros en la próxima declaración de la renta

Ahorrar hasta 10.000 euros en la próxima declaración de la renta

La inflación se generaliza: 29 partidas superan el 5% interanual

La inflación se generaliza: 29 partidas superan el 5% interanual

El relevo generacional, gran reto de la panadería artesanal

El relevo generacional, gran reto de la panadería artesanal

La mitad de los jóvenes consulta a la IA antes de comprar

La mitad de los jóvenes consulta a la IA antes de comprar

Opinión

Premios al vago, al sinvergüenza y al vividor

La vivienda, el derecho constitucional convertido en espejismo

Los estudiantes españoles son oficialmente más tontos

Guía de Servicios

Publicidad

Servicios y Comercio en Vigo

Liceo Marítimo de Bouzas

Vigo

Liceo Marítimo de Bouzas

986239244

Visitar web

Sucesos | Sociedad

Condenado un militar por vender más de 5.000 pastillas abortivas

Condenado un militar por vender más de 5.000 pastillas abortivas

Investigan a un vecino de Vigo por robar gasóleo en cuatro camiones

Investigan a un vecino de Vigo por robar gasóleo en cuatro camiones

Detenido en Cangas con más de 5 kilos de hachís y cocaína

Detenido en Cangas con más de 5 kilos de hachís y cocaína

JUCIL denuncia que la falta de personal convierte las puertas de los cuarteles en un punto crítico de seguridad

JUCIL denuncia que la falta de personal convierte las puertas de los cuarteles en un punto crítico de seguridad

Agenda

Octubre 2026
LunMarMieJueVieSabDom
   1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031 

Galicia

El Issga contará con 1,2 millones más para prevención laboral

El Issga contará con 1,2 millones más para prevención laboral

La Xunta muestra su apoyo a los gallegos residentes en Ceuta

La Xunta muestra su apoyo a los gallegos residentes en Ceuta

Provincia

Silva acusa al PP de querer privatizar las pensiones y reivindica la subida

Silva acusa al PP de querer privatizar las pensiones y reivindica la subida

El Laboratorio de Medio Ambiente estrena sede en Pontevedra

El Laboratorio de Medio Ambiente estrena sede en Pontevedra

Deportes

Más de 12.200 niños gallegos corren contra la leucemia infantil

Más de 12.200 niños gallegos corren contra la leucemia infantil

El Trail de Arcos cruza el Castelo de Vilasobroso en su décimo aniversario

El Trail de Arcos cruza el Castelo de Vilasobroso en su décimo aniversario

Mos se sube a los patines con un nuevo club de hockey

Mos se sube a los patines con un nuevo club de hockey

Motor

Toyota presenta el autobús de hidrógeno Sora: 300 km de autonomía

Toyota presenta el autobús de hidrógeno Sora: 300 km de autonomía

Salud

Cáncer de mama precoz: fertilidad e imagen corporal

Cáncer de mama precoz: fertilidad e imagen corporal

"Quien no se vacuna es como un conductor temerario"

OCU exige identificar las marcas de huevos del brote de salmonela

OCU exige identificar las marcas de huevos del brote de salmonela

Turismo

Norwegian Aura estrena dos cruceros inaugurales por el Mediterráneo

Norwegian Aura estrena dos cruceros inaugurales por el Mediterráneo

Hogar

Reformar la cocina o el baño revaloriza tu casa hasta un 30%

Reformar la cocina o el baño revaloriza tu casa hasta un 30%

La Xunta impulsa un programa de investigación sobre vivienda industrializada con la UDC

La Xunta impulsa un programa de investigación sobre vivienda industrializada con la UDC

Los municipios más baratos para comprar casa en España están por debajo de los 400 euros el metro cuadrado

Los municipios más baratos para comprar casa en España están por debajo de los 400 euros el metro cuadrado

Seguridad | Protección Civil

Lo que debe saber sobre tormentas eléctricas y rayos. Medidas de protección

Lo que debe saber sobre tormentas eléctricas y rayos. Medidas de protección

Cómo mantenerse a salvo en caso de terremoto

Cómo mantenerse a salvo en caso de terremoto

Espacio Nido: 6 años de coworking en Galicia

A Xefatura Territorial presenta a proposta de zonificación de Vigo ante a Xunta de persoal docente

Portada

Directorio de servicios
Galicia Galicia
Provincia de Pontevedra
Concellos
Gestiones
Guía Comercial
Clasificados
  • Mas contenido de Xornal21:
  • Fotos de Lectores
  • Hemeroteca
  • Encuestas
  • Agenda
  • Nosotros | Gupo Xornal21
  • Edición impresa
  • Publicidad
  • Contacto
Xornal21 - Noticias del sur de Pontevedra y la provincia | Actualidad de Galicia
Xornal21 | Términos de uso | Protección de datos
© 2026 | Todos los derechos reservados

Accede a tu cuenta

Con tu cuenta registrada
Olvide mi contraseña

Resetear contraseña

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.

Volver a acceder