O PORRIÑO
O goberno local apoia as reivindicacións das traballadoras e traballadores de Maderas Iglesias
"O Goberno local do Porriño está, como fixo sempre dende que empezara a actual conflito en Maderas Iglesias, a carón das traballadoras e traballadores e todas as accións de reivindicación que emprendan para que se manteña a actividade da empresa, que é clave para un sector estratéxico, tanto en Galicia como no sur da provincia de Pontevedra e especialmente no Porriño" explican dende o Concello do Porriño nun comunicado..
A alcaldesa, subliña o seu apoio “total e incondicional” ás xustas esixencias das empregadas e empregados de Maderas Iglesias, e reitera que o mantemento dos postos de traballo é un obxectivo "xusto, lexítimo e irrenunciábel", e insta ao Goberno de Galicia "a impulsar cantas medidas sexan precisas para acadar que non se perda un so emprego".
Este xoves, membros do Goberno local do Porriño acompañarán ás traballadoras e traballadores que cubrirán a pé a distancia que separa a fábrica, situada na estrada de Atios a Pontellas, da Delegación da Xunta de Galicia en Vigo.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217