Domingo, 23 de Noviembre de 2025

Xornal21
Jueves, 01 de Marzo de 2018 Tiempo de lectura:
TOMIÑO

Marzo arrancará en Tomiño con dous cursos de pilates para avoas, nais e fillas

A actividade, enmarcada na programación do Mes da Muller, está dirixida a maiores de 5 anos.

[Img #39133]

 

Marzo arranca en Tomiño con máis actividades para toda a cidadanía. Nesta ocasión inaugúrase a programación deportiva anual ao tempo que comeza o Mes da Muller, e faino con dous cursos de pilates para avoas, nais e fillas, que terán o mesmo contido pero que se celebrarán en sitios distintos: un en Tomiño e outro en Goián.


As clases consistirán en sesións dinámicas con enfoque grupal e interacción constante entre as persoas na que o protagonista será o pilates, un sistema de adestramento físico e mental que une o dinamismo e a forza muscular co control da mente, a respiración e a relaxación.


A partir do 7 de marzo poranse en marcha dous cursos de 10 horas de duración cada un, un que se impartirá no pavillón de Goián (mércores, de 17.30 a 18.30 horas) e outro na Casa da Cultura de Tomiño (venres, de 19.30 a 20.30 horas). Durante unha hora á semana todas as mulleres maiores de 5 anos poderán participar nesta actividade á que se poden inscribir tanto de xeito individual como en grupo de familiares ou amigas. O custe será de 10 euros por persoa.


Todas as interesadas poden facer a súa inscrición na propia web do Concello de Tomiño

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.115

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.