SALCEDA DE CASELAS
Salceda contará coa Deputación para a urbanización dos terreos do novo centro de saúde
Os socialistas de Salceda valoran positivamente esta inversión do Plan Concellos que terán un coste de 192.712 euros.
![[Img #39155]](upload/img/periodico/img_39155.jpg)
A voceira do PSOE de Salceda, Verónica Tourón, valorou positivamente o inicio do proceso de contratación da urbanización do novo centro de saúde. Unha obra que pertence ás inversións que a Deputación de Pontevedra financia a través do Plan Concellos do ano 2017, e que estaba pendente de execución por parte do goberno local.
Dende o grupo municipal socialista, explican que a maior parte das inversións realizadas no Concello de Salceda nos últimos dous anos foron financiadas a través do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra, xa que a falta dos orzamentos municipais (prorrogados dende o ano 2016) impídelle ó goberno local realizar inversión das súas arcas. Aproveita, Verónica Tourón, para incidir unha vez máis en “que a falta de xestión do goberno local no eido económico, non presentando orzamentos leva a que o concello de Salceda estea nunha parálise evidente, cun total abandono das parroquias e de inversións moi necesarias, polo que, dende o noso grupo nos alegramos de que se faga esta obra dentro do Plan Concellos, porque é unha necesidade urxente”. En resumo, “o goberno local ten un proxecto de parálise para Salceda, e vai solventando a súa falta de xestión coas inversións que realizan outras administracións”, afirman as concelleiras.
Agardan, que a urbanización leve apareada o comezo das obras e que dunha vez por todas, as dúas administracións implicadas “Xunta e Concello” resolvan os conflitos históricos e comecen a construción do novo centro de saúde.
Informan tamén que Salceda disporá no Plan Concellos 2018 de 655.520,73 euros e que ten dispoñible para o 18-19 un total de 1.122.796 euros, ademais de outras obras que financia a Deputación á marxe deste Plan.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.180