Sábado, 22 de Noviembre de 2025

Xornal21
Jueves, 22 de Febrero de 2018 Tiempo de lectura:
MOS

Mos expresa o seu total apoio aos traballadores de Maderas Iglesias

A Corporación Municipal sumouse esta mañá á xornada de folga e levará a Pleno o vindeiro luns unha declaración institucional.

[Img #39165]

 

Os 249 traballadores de Maderas Iglesias, moitos dos cales son veciños/as de Mos, realizaron esta mañá unha marcha a pé de 16 quilómetros de lonxitude entre a sede da factoría en Porriño e a delegación da Xunta de Galicia en Vigo para reivindicar un futuro para a compañía.


Ao seu paso por Mos, o persoal de Maderas Iglesias fixo parada na Casa Consistorial mosense onde foron recibidos pola alcaldesa, Nidia Arévalo, a concelleira de Política Social e Persoal, Sara Cebreiro, a edil mosense de Participación Cidadá e Urbanismo, Julia Loureiro, o concelleiro de Vías e Obras, Luis Alonso, e outros tres membros da Corporación Municipal: o concelleiro non adscrito Emilio Muíños, Patricia Pérez Ucha do PSOE e Aurora Giráldez Leirós de GañaMos. Tamén estivo presente o alcalde se Salceda de Caselas, Marcos Besada.


Por parte do Concello de Mos, a súa rexedora, Nidia Arévalo, manifestou “o total apoio da administración local mosense” e dela mesma como alcaldesa, “ao persoal de Maderas Iglesias de cara a garantir a continuidade da empresa”. Arévalo explicou que “levamos apoiando á plantilla da compañía dende o inicio da problemática, conseguindo ata o de agora tres reunións coa Xunta de Galicia e unha próxima xa concretada co director do Igape (Instituto Galego de Promoción Económica), Juan Manuel Cividanes Roger, da que esperamos se logre extraer unha solución para esta dura situación que están a sufrir os traballadores e traballadoras de Maderas Iglesias”. Na devandita reunión estarán presentes as catro partes implicadas neste proceso: empregados, empresa, Xunta e acreedores.


Ademais a alcaldesa informou de que o Concello de Mos levará a aprobación no vindeiro Pleno Ordinario, que se celebrará o vindeiro luns 26 de febreiro, unha moción conxunta de toda a Corporación Municipal de declaración de apoio ós/ás traballadores/as da empresa Maderas Iglesias.


Maderas Iglesias chegou a ser no seu día o maior fabricante de pavimentos de madeira e de tarima flotante de toda España. O persoal que, tras sete ERE en menos de dez anos, adelgazouse ata practicamente un terzo do que chegou a ser no seu momento de apoxeo, realizou unha marcha esta mañá para defender o seu posto de traballo e esixir que se garanta a continuidade da empresa. Durante a xornada de folga celebrada hoxe, os máis de dous centenares de empregados do grupo (dos cales unha parte significativa son mosenses) partiron ás oito e media da mañá das instalacións de Madeiras Igrexas no Porriño e dirixíronse ata a delegación da Xunta en Vigo.


A idea da iniciativa era que se incorporaran tamén á marcha outros cidadáns alleos á empresa que quixeran sumar a súa voz en defensa da continuidade da compañía. O persoal de Madeiras Igrexas pide que se substitúa a cúpula da compañía, á que acusan de estar a manobrar para descapitalizar Madeiras Igrexas en favor doutras dúas sociedades recentemente constituídas.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.115

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.