GALICIA
Xunta e UME preparan un simulacro ante risco de inundacións
O director xeral de Emerxencias e Interior, Luis Menor, explicou que o simulacro consistirá nunha situación de emerxencia por posible rotura dunha presa na conca Miño-Sil, que será o desencadeante para a activación do Plan en situación 2.
![[Img #39178]](upload/img/periodico/img_39178.jpg)
O director xeral de Emerxencias e Interior, Luis Menor, presidiu esta semana unha xuntanza con mandos da Unidade Militar de Emerxencias, para comezar a planificación dun simulacro de activación do plan especial de Protección Civil ante o risco de Inundacións, Plan Inungal.
Segundo explicou Luis Menor, o obxectivo principal é garantir a cohesión entre os intervintes, poñer a proba a aplicación dos Plans de Protección Civil e ensaiar a coordinación necesaria neste tipo de emerxencias complexas no que deben mobilizarse un gran número de efectivos de diversos organismos.
O exercicio consistirá nunha situación de emerxencia por posible rotura dunha presa na conca Miño-Sil, que será o desencadeamento para a activación do Plan en situación 2, e a mobilización do SPEIS da zona, os grupos de emerxencia, os membros das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, así como o 061, persoal de Protección Civil local y autonómico, GIPCE, Cruz Vermella, sendo alertados os Alcaldes dos concellos augas abaixo, que deberán activar o seu propio plan de actuación municipal e proceder a evacuar os lugares que poderían quedar anegados en caso de emerxencia real.
Desde a Xunta apóstase unha vez máis pola prevención como medio para garantir a seguridade dos cidadáns, e respostar de xeito axeitado, eficiente e eficaz, no caso de riscos colectivos
Polo tanto, trátase dun simulacro complexo e completo, no que activarase o Plan de Emerxencia da Presa, os Plans de Actuación Municipal e o Plan Especial de carácter autonómico, marco xeral de actuación, no que participarán efectivos pertencentes á administración xeral do Estado, a Administración autonómica e a Administración local.
Desde a Xunta de Galicia unha vez máis faise aposta pola prevención, como medio para garantir a seguridade dos cidadáns, e respostar de xeito axeitado, eficiente e eficaz, no caso de riscos colectivos.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149