Mos
Restablecida a circulación na A-55
![[Img #39184]](upload/img/periodico/img_39184.jpg)
As condicións de seguridade para a circulación na A-55 quedaron totalmente restablecidas despois de que un camión que transportaba chatarra envorcase no punto quilométrico 12 da autovía, sentido Tui. Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, a ferralla quedou esparexida nos carrís do sentido contrario da circulación, é dicir, sentido Vigo.
Debido ao accidente o tráfico viuse interrompido e, ademais, cinco vehículos que se desprazaban en sentido contrario ao sinistro resultaron danados. De feito, unha muller que viaxaba nun deses turismos tivo que ser atendida polos profesionais do 061-Urxencias Sanitarias despois de sufrir un golpe na cabeza.
O 112 Galicia tivo constancia dos feitos ás 8:40 horas de hoxe, cando varios particulares que circulaban nese momento pola autovía contactaban co Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia para dar conta do sinistro.
Acto seguido, dende o CIAE pasábase o aviso aos Bombeiros do Baixo Miño, ao 061-Urxencias Sanitarias, á Garda Civil de Tráfico e ao Servizo Municipal de Emerxencias de Mos.
Unha vez no lugar do accidente, os servizos de emerxencias e as forzas da orde restableceron as condicións de seguridade na autovía, que quedou totalmente aberta á circulación ao fío das 13:45 horas.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.115