Sábado, 22 de Noviembre de 2025

Xornal21
Domingo, 25 de Febrero de 2018 Tiempo de lectura:
MOS

Medio ambiente e formación para o emprego fusiónanse en Mos e fomentan a compostaxe

9 alumnos-traballadores do Obradoiro de Emprego Mos Verde II entregaron e instalaron a domicilio un total de 28 composteiros desde o pasado venres.

[Img #39217]

 

Os 9 alumnos/as-traballadores/as da especialidade de limpeza de espazos abertos e xestión de residuos do Obradoiro Municipal de Emprego Mos Verde II levan dende o pasado venres 16 de febreiro realizando un labor de reparto, instalación e formación aos beneficiarios de 28 composteiros que lle foron subministrados ao Concello de Mos por SOGAMA e, á súa vez, a administración local mosense dóallos aos veciños/as solicitantes dos mesmos.

 

Os membros de Mos Verde II realizaron unha saída formativa ao Concello de Vilaboa onde visitaron os composteiros comunais do Plan Revitaliza e puideron coñecer o tratamento do proceso de compostaxe, os seus usos e as súas aplicación para agora explicarllo aos veciños e veciñas de Mos aos que lles instalaron os composteiros por eles demandados nas súas vivendas. Recibiron formación de Mestres Composteiros e agora, os alumnos son xa expertos coñecedores do proceso completo, a incorporación do estructurante e as fases e tempos do compost.

 

Dende o pasado venres 16 realizaron, incluíndo a de esta mañá que foi xa a última, un total de 5 xornadas de reparto, instalación e formación a particulares; indo a razón de 6 domicilios por día, excepto hoxe que foron a 4 vivendas.

 

Dos 28 composteiros entregados, 6 foron para particulares da parroquia de Tameiga, 5 para a parroquia de Torroso, 4 para Sanguiñeda, 3 para Cela, 2 para Petelos, Guizán, Pereiras e Mos, respectivamente e 1 para Louredo e Dornelas, respectivamente.

 

Os mesmos alumnos-traballadores que fixeron o reparto a domicilio dos respectivos composteiros ós beneficiarios, unha vez alí, instaláronllos e lles explicaron como empregalos correctamente; entregáronlles ademais un manual de uso para consultar posibles dúbidas.

 

Os representantes municipais, Nidia Arévalo, alcaldesa de Mos, Cándido Pérez, concelleiro de Medio Ambiente, e Óscar Soto, edil de Promoción Económica e Emprego, valoraron esta semana a iniciativa moi positivamente “xa que supón un paso máis na optimización da recollida selectiva de residuos no Concello de Mos ao tempo que contribúe á formación dos alumnos e alumnas do Obradoiro de Emprego Mos Verde II”. Arévalo, Pérez e Soto declararon que o Concello considera “crucial a axeitada xestión dos residuos para un mantemento sostible da localidade mosense”. E é que cos composteiros se reutilizan restos de materiais orgánicos de orixe vexetal dando lugar a que a porcentaxe de residuos sometidos a tratamento final sexa menor o que supón unha gran vantanxe ambiental, económica e social. Ademais tamén lles permite ós particulares en posesión dun composteiro eliminar ou, polo menos minimizar, o uso de fertilizantes químicos como abono; e reducir o número de viaxes ós contedores para levar o lixo, posto que case a metade do lixo que se xera nos fogares galegos está formado por materia orgánica.

 

Cos composteiros existe a posibilidade de transformar a materia orgánica en compost, un fertilizante natural con excelentes propiedades para o solo. A compostaxe é unha práctica tradicional en Galicia, consistente na separación dos residuos orgánicos para a elaboración de abono ou alimento do gando.

 

A compostaxe doméstica é un proceso de descomposición biolóxica dos materiais orgánicos xerados no fogar, como é o caso dos restos de comida e podas. O composteiro é un recipiente que facilita a circulación do aire no seu interior, onde se introducen os restos orgánicos, permitindo unha óptima accesibilidade, tanto para depositar residuos como para extraer o abono resultante. A súa función é a de manter as condicións axeitadas de temperatura e humidade para a elaboración de compost, evitando ademais a entrada de pequenos animais e roedores que poden alterar o proceso.

 

Para obter un bo compost o mellor é utilizar unha grande variedade de materiais, tendo en conta que canto máis triturados estean, maior será a rapidez da súa descomposición e fermentación. No composteiro pódense depositar froitas e verduras, cascas de ovo, arroces e pasta cocidos, pan, pousos de café, té e infusións, cinzas e serrín, papel, cartón, xornais, restos de poda e de recolleita da horta, esterco de animais herbívoros, pó e peluxe do aspirador, pelos, teas naturais e plumas.

 

Dada a asúa condición de produto natural, sen compostos químicos e libre de patóxenos, o compost actúa en moitos casos como bactericida e funxicida; e é un excelente abono contribuíndo a que as plantas teñan unha maior resistencia ás pragas e enfermidades.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.115

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.