MOS
Asinada a subrogación do arrendamento da parcela municipal ocupada por Panelfa
A titularidade do dereito de superficie traspásase deste xeito á empresa Ingeniería de Proyectos Marinos S.L.
![[Img #39219]](upload/img/periodico/img_39219.jpg)
O representante da empresa Ingeniería de Proyectos Marinos S.L, Luis-Alejandro Martínez Montes, asinou esta semana no salón de sesións do Concello de Mos o documento de formalización da subrogación do dereito de superficie da parcela municipal 1.A.2.0003, arrendada pola empresa Panelfa, ante a presencia da alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e do técnico xurídico municipal. Deste xeito a titularidade do dereito de superficie da devandita parcela traspásase a Ingeniería de Proyectos Marinos.
O Pleno da Corporación Municipal mosense aprobou na súa sesión ordinaria do pasado mes de xaneiro, e por maioría dos seus membros, a subrogación do dereito de superficie da parcela municipal 1.A.2.0003 arrendada pola empresa Panelfa que lle traspasou agora a titularidade do dereito de superficie á empresa Ingeniería de Proyectos Marinos S.L.
Unha vez aprobada polo Pleno da Corporación a subrogación, e tras a sinatura formalizada esta mañá, faise firme o acordo de cesión do dereito de superficie que Panelfa S.L. ten sobre a parcela de titularidade municipal, sita en Dornelas; nas mesmas condicións e prazo; previo pago do 10% do prezo da transmisión que nunca será inferior a 12.000 euros e o depósito de garantía. E autorizar o cambio de actividade ao ter presentado o novo titular o correspondente proxecto e ser permitida pola normativa urbanística.
O cambio de titular do dereito de superficie deste terreo incrementa nun 10% a renta anual a ingresar polo Concello
As condicións xerais desta subrogación para o novo titular son manter durante a vixencia do contrato ou das prórrogas, a inversión e a actividade industrial ou comercial e a totalidade de obrigas que establecen os pregos, que o outorgamento polo órgano competente para a cesión do dereito de arrendamento non exime da obriga do cesionario de presentar o correspondente proxecto de actividade, que o Concello de Mos procederá ao establecemento dunha elevación do prezo da renta nun 10% a satisfacer polo cesionario, e que o cesionario debe asumir a creación ou establecemento dunha actividade que fomente a creación de emprego.
O canon anual a aboar polo dereito de superficie ascende a 25.000 euros, e en todo caso, dita renda sufrirá como consecuencia da cesión un incremento por importe do 10%, segundo aplicación das condicións específicas dos pregos de condicións.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.115