PONTEAREAS
A Policía Autonómica esclarece un incendio no Concello pontevedrés dee Ponteareas
Trátase da primeira detención no marco da campaña contra incendios forestais do 2018.
Axentes da Xefatura da Policía Autonómica de Vigo veñen de esclarecer un incendio producido no concello pontevedrés de Ponteareas.
Os axentes procederon á imputación dun varón como presunto autor dun incendio forestal ocorrido o pasado 20 de febreiro no lugar de Chan de Gándara, parroquia de Padróns, no concello de Ponteareas. As lapas afectaron unha superficie de 0,15 hectáreas de terreo forestal arborado e raso.
O incendio iniciouse, supostamente, cando o investigado realizaba unha queima de restos forestais de xeito neglixente. Polos feitos instruíronse dilixencias remitidas ao Xulgado de Instrución nº 3 de Ponteareas.
Trátase da primeira persoa detida como presunta autora dun delito de incendio forestal na actual campaña contra incendios forestais do 2018.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.191