Viernes, 03 de Octubre de 2025

Xornal21
Sábado, 24 de Febrero de 2018 Tiempo de lectura:
GONDOMAR

Acto Homenaxe aos afectados polos incendios

No mes de outubro do pasado ano Gondomar sufriu unha vaga de incendios que comezou na parroquia de Peitieiros, estendéndose por outras parroquias do termo municipal.

 

Este domingo, ás 12 da mañá o Concello de Gondomar celebrará un acto homenaxe a todos os afectados por este atentado contra o medio ambiente e en agradecemento a todos aqueles que colaboraron de forma altruísta para a súa extinción.

 

O Alcalde de Gondomar, Paco  Ferreira, entende que é de xustiza que exista un monumento que nos lembre aqueles duros momentos vividos, que reflicta a importancia desa colaboración cidadá e das autoridades que se implicaron para salvagardar un dos bens máis prezados que ten o noso municipio, os seus montes.

 

Para iso desenvolverá un sinxelo acto inaugural dunha escultura realizada por David Leiros Araujo, un novo escultor, acompañado dun dúo de violíns que interpretará pezas de Johann  Sebastian Bach.

 

Contará ademais coa presenza da Presidenta da Deputación de Pontevedra Dna. Carmela Silva Rego, e co Presidente da Cámara de Gondomar de Portugal, D. Marco Martín, cidade coa que está  hermanado o municipio, lembrando ademais que o noso país veciño este verán tamén foi un afectado, a maiores representantes de movementos asociativos, asociacións culturais, e demais autoridades civís e militares.

 

Quere o Alcalde, facer extensiva esta invitación a todos os veciños e veciñas de Gondomar para que sexan partícipes deste acto de recoñecemento e agradecemento.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.