Miércoles, 08 de Octubre de 2025

Xornal21
Lunes, 26 de Febrero de 2018 Tiempo de lectura:
SALCEDA DE CASELAS

Os socialistas piden a impugnación do pleno por incumplimento da normativa plenaria por parte do alcalde

[Img #39236]

 

Os socialistas de Salceda abandonaron a sesión plenaria do venres despois de pedir a impugnación do pleno "ao non cumprir o alcalde coa normativa e saltarse a advertencia da secretaria do concello, que confirmou que se tiña que votar a retirada do punto, tal como solicitaba a voceira socialista Verónica Tourón".

 

“Unha vez máis quedou patente a incapacidade do Sr. Alcalde para dirixir un Pleno e defender as súas posicións sen saltarse a normativa plenaria, con unha actitude bochornosa cara a corporación e ó público asistente”.

 

"Este espectáculo por parte do Sr. Alcalde produciuse no momento en que o grupo socialista pediu a retirada do Recoñecemento Extraxudicial de Crédito ao non aceptar este a proposta socialista de que se votase unicamente as facturas urxentes correspondentes á xustificación da subvención do servizo de axuda no fogar" explican.


 
Verónica Tourón aseguraba que  “é responsabilidade do alcalde se non se pagan as facturas e perden a subvención porque ten potestade para facer a modificación que lle solicitábamos ou convocar de novo un pleno” “Isto é o resultado da mala xestión e da falta de orzamentos que levan prorrogados dende o ano 2016, unha total irresponsabilidade por parte do Sr. Alcalde e do concelleiro de facenda”.

 

“Nos apoiamos o que é urxente e vinculado a unha subvención que agora periga pola mala xestión do alcalde, primeiro por non aprobar o orzamento e dotar unha partida para este tema de vital importancia e para o resto das partidas que estaban incluídas neste pago a provedores”. “Unha vez máis, repetimos, que non vamos a ser cómplices dunha irregular xestión do orzamento”, explican as concelleiras do grupo socialista.

 

Para as concelleiras socialistas "saltarse a normativa plenaria, a pesar da afirmación da secretaria, é moi grave, unha actitude totalmente lamentable que non deixa en evidencia de novo as actuación do señor alcalde á marxe da lei".

 

Tourón afirma que “o goberno pretende botar unha vez máis a responsabilidade da súa mala xestión encima da oposición e non vamos a permitilo, o único responsable de que os provedores non cobren é o Sr. Alcalde, porque pretende gobernar a golpe de Recoñecementos Extraxudiciais e sen aprobar orzamentos, cunha xestión totalmente irregular dos orzamentos e con unha política económica nula que leva a parálise do concello”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.180

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.