Sábado, 17 de Enero de 2026

Xornal21
Lunes, 26 de Febrero de 2018 Tiempo de lectura:
TUI

Representantes da Eurocidade Tui-Valença acudirán ao Mobile World Congress en Barcelona

O alcalde de Tui acudirá a esta cita internacional para buscar solucións tecnolóxicas en diversos ámbitos para lograr que Tui sexa unha Smart City.

Unha delegación da Eurocidade Tui-Valença acudirá este martes e mércores, ao Mobile World Congress de Barcelona, tras a invitación recibida por parte de Nec Japan. O alcalde e responsable de novas tecnoloxías Carlos Vázquez Padín, viaxará a Barcelona xunto a un técnico da Cámara de Valença. O obxectivo da súa presenza nesta destacada cita é procurar novas tecnoloxías e atopar como reaproveitar as xa existentes no concello co obxectivo de reducir custes e mellorar os servizos públicos que se ofrecen aos tudenses facendo partícipes aos cidadáns.


O rexedor tudense considera que o concello non pode quedar ao marxe da transformación dixital da sociedade para “non crear unha fenda dixital cos tudenses e visitantes globais”. Por iso nesta visita  buscará solucións tecnolóxicas sostibles a longo prazo que, mediante xustificación de aforros de cartos públicos, inicien o camiño cara un Tui do século XXI.  En concreto estudará as solucións tecnolóxicas de Plataforma BigData para Cidades Intelixentes, de Xestión Intelixente de Residuos Urbanos, de Seguridade, de Iluminación Intelixente, Administración electrónica, Turismo Intelixente e Calidade Medioambiental para acadar que Tui forme parte da nova era Smart City.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.