GALICIA
“O mais grande de Galiza está até a cona”, lema da campaña do BNG para o 8 de marzo
![[Img #39279]](upload/img/periodico/img_39279.jpg)
O BNG lanza a campaña do 8 de Marzo Día internacional da muller que nesta ocasión aposta por romper co politicamente correcto para mandar unha mensaxe clara e provocadora, capaz de xerar debate e remover a conciencia, “porque ante a desigualdade e a violencia contra as mulleres non caben medias tintas”, en palabras da portavoz nacional, Ana Pontón.
Unha campaña directa e contundente necesaria nun momento no que se repiten “actitudes neomachistas” desde o Goberno, tanto do Estado como do galego, que a dirixente do Bloque ilustrou con dous exemplos. “Hai dous detonantes claros que nos levan a facer esta campañ: O primeiro son as declaracións do presidente do Estado, Mariano Raxoi, que cando lle preguntaron sobre a discriminación salarial das mulleres responde literalmente no nos metamos en eso”. “O segundo son as campaña paternalistas e cousificadoras da Xunta toda unha mostra do neomachismo que retrata a visión que o PP ten das mulleres”.
Neste contexto, e precisamente a esas campañas oficiais tinguidas de paternalismo, replica o BNG, tanto no seu lema de campaña, -proclamando que “O máis grande de Galiza está até a cona...”-, como nas imaxes, -que remedan cun toque de humor a asociación de mulleres con monumentos do patrimonio arquitectónico de Galiza-.
“Por iso lle dicimos ao PP e ao señor Feixóo, e estou segura de que o van entender, que o máis grande de Galiza está até a cona, e repito, o máis grande de Galiza está até a cona de cobrar menos salario polo mesmo traballo, de ver como as mulleres son maltratadas e asasinadas pola violencia machista, fartas de que a conciliación da vida familiar e laboral sexa unha carreira de obstáculos que recae sobre as nosas costas, e estamos fartas de que nos toque a peor parte polo simple feito de ser mulleres”, salientou Pontón, enumerando as motivacións desta campaña.
Unha campaña “para denunciar as desigualdades, abrir un debate sobre o que está pasando neste momento e dicir alto e claro que, ante os 8M non valen de nada as campañas rituais, nin os lazos lila que seguramente veremos en moitas solapas de señores do PP, e tampouco valen de nada as palabras baleiras de contido que non se acompañan de feitos que realmente defendan a igualdade e os dereitos das mulleres”, explicou a portavoz nacional na presentación dunha campaña coordinada pola secretaria da Muller, Noa Presas, cunha nutrida representación de responsables políticas do BNG.
Pontón aproveitou para facer un chamamento á participación nas mobilizacións previstas de cara ao Día internacional da Muller, empezando pola manifestación do día catro en Vigo e seguindo pola folga laboral do 8M, “que se note nos centros de traballo, que se note no consumo e que se note nas casas”, instou Pontón, “porque o mundo non pode funcionar sen as mulleres, pero as mulleres non queremos seguir funcionando con desigualdade”, concluíu.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149