TUI
O Concello de Tui solicitou a contratación de 20 traballadores ao abeiro do Plan Concellos 2018
O goberno municipal aposta por facer públicos os códigos solicitados buscando así que os procesos de contratación sexan limpos, xustos e abertos.
O Concello de Tui solicitou á Deputación de Pontevedra a contratación de 20 persoas en situación de desemprego ao abeiro do Plan de Conservación e Funcionamento de Bens e Servizos Municipais do Plan Concellos 2018. En concreto solicítanse 7 peóns de horticultura xardinería, 2 oficiais de segunda albaneis, un oficial de segunda carpinteiro, un oficial condutor de camión, un oficial de segunda soldador de estruturas metálicas lixeiras, catro animadores turísticos, dous empregados/auxiliares administrativos para a Biblioteca Municipal, e 2 empregados/auxiliares administrativos de servizos xerais.
Unha vez a Deputación de Pontevedra aprobe a concesión da correspondente subvención será a Oficina de Emprego de Tui a encargada de realizar a sondaxe de candidatos para a selección de persoal entre as persoas inscritas na mesma nos códigos correspondentes a cada praza. O goberno municipal aposta por facer públicos os códigos solicitados buscando así que os procesos de contratación sexan limpos, xustos e abertos.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149