PONTEAREAS
O Congreso do PP de Ponteareas celebrarase o 17 de marzo
A Comisión Organizadora do Congreso fórmana Andrés Sampedro Fernández, Rosa Carrera Álvarez e Uxía Álvarez Zúñiga.
O Comité Executivo do Partido Popular da provincia de Pontevedra así como a Xunta Local do PP deron luz verde á celebración, o próximo 17 de marzo do VI Congreso Local de Ponteareas, no que terán dereito a voto os máis de 550 afiliados do partido.
A Directiva provincial aprobou ademais o Regulamento que rexerá todo o relativo á organización e funcionamento do Congreso así como os membros que forman parte da Comisión Organizadora: Andrés Sampedro Fernández, Rosa Carrera Álvarez e Uxía Álvarez Zúñiga. Esta Comisión será a encargada de coordinar, impulsar e dirixir todos os aspectos organizativos do Congreso ata que comece a celebración do mesmo, que asumirá esas competencias a Mesa do Congreso.
Todos os afiliados do PP de Ponteareas que aspiren á presidencia do partido terán ata o 7 de marzo para presentar por escrito a súa intención de presentarse
Todos os afiliados do PP de Ponteareas que aspiren á presidencia do partido terán ata o 7 de marzo para presentar por escrito a súa precandidatura ante a Comisión Organizadora e poder ter así acceso ademais á documentación relativa ao Congreso.
A candidatura deberá ir acompañada por un mínimo de 70 avais, no modelo aprobado ao efecto pola Comisión. O prazo para a presentación de avais remata o 15 de marzo.
Tanto para ser candidato como para poder avalar ou votar no Congreso será necesario, tal e como recollen os estatutos do partido, figurar inscrito no censo de afiliados.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.191