GALICIA
O cartel gañador do concurso escolar protagonizará a campaña do Día Internacional da Muller
Os alumnos do IES Val do Asma de Chantada foron os gañadores do 1º premio do concurso de carteis onde participaron 44 centros de toda Galicia.
![[Img #39335]](upload/img/periodico/img_39335.jpg)
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez recibiron esta mañá aos gañadores do concurso escolar de carteis con motivo do Día Internacional da Muller.
Alfonso Rueda avanzou que o cartel gañador será o protagonista da campaña institucional da Xunta para o 8 de marzo, e cada ano o Goberno galego convocará o concurso entre os centros educativos galegos e o deseño gañador sexa o elixido para a campaña do Día Internacional da Muller.
Os alumnos e alumnas de 4º de Educación Secundaria Val do Asma de Chantada (Lugo) foron os gañadores do primeiro premio do concurso de deseño de carteis convocado pola Xunta e que estaba dirixido ao alumnado dos últimos cursos de primaria e toda a secundaria no que participaron 44 centros de toda Galicia.
O cartel gañador será o protagonista da campaña institucional da Xunta para o 8 Marzo
A Xunta segue implicando á mocidade galega na procura da igualdade real entre homes e mulleres e á erradicación da violencia de xénero, nun ámbito tan importante como é a educación en igualdade para acadar unha sociedade máis igualitaria, con medidas que abranguen dende a prevención da violencia, apoio a vítimas ou iniciativas para fomentar a igualdade nas empresas e no deporte. Ademais, da aprobación en 2016 do Primeiro Plan de actuacións para a igualdade nos centros educativos.
O xurado estivo formado por representantes da Secretaría Xeral da Igualdade, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa e por todos os integrantes da Comisión asesora de publicidade non sexista, da que forman parte a Secretaría Xeral de Medios, a CRTVG, o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, axencias de Publicidade, a Axencia de Turismo de Galicia, e o Instituto Galego de Consumo.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149