SALCEDA DE CASELAS
Besada di que "a oposición de Salceda volve deixar as empresas sen cobrar"
![[Img #39389]](upload/img/periodico/img_39389.jpg)
O Equipo de Goberno do Concello de Salceda (Movemento Salceda) ven de emitir un comunicado no que "lamenta o acontecido no Pleno Extraordinario, onde unha nova alianza entre os grupos da oposición (PP e PSOE) impediu aprobar o Recoñecemento Extraxudicial de Crédito que permitiría o pago de 309.865,06 € a diferentes provedores do Concello de Salceda, que o grupo de Goberno levaba por segunda vez a Pleno".
Din que "a pesar de terse presentado o informe técnico solicitado polo Partido Popular sobre a realización dunha obra na parroquia de Picoña, e a pesar de aclararse tódalas dúbidas existentes co informe técnico presentado, o PP decidiu seguir inventando novas excusas segundo iba avanzando o Pleno, coa única finalidade de bloquear unha vez máis a acción do Goberno, prexudicando deste xeito a ducias de provedores de bens e servizos, aos que se lles imposibilita así o cobro das súas facturas pendente"s.
Según o goberno "o PSOE volveu pedir unha vez máis a retirada do punto da orde do día, sen alegar ningún motivo que xustificase esa retirada, e incidindo unha vez máis na votación de facturas por separado, intentando así decidir a que proveedores se lles paga e a cales non".
"Ante as dúbidas dos partidos da oposición sobre as facturas consideradas como 'investimentos', incidiuse unha vez máis no informe de intervención que lle deu cobertura a esas facturas, que nese aspecto é favorable, incidindo dende intervención que, de non ser legal, houbese emitido reparo nese senso, cousa que non fixo. Inciden dende o Equipo de Goberno en que non se pode confundir o resultado dun informe coa argumentación empregada no mesmo, que deixa ben claro o recoñecemento de tódalas facturas recollidas no REC. A oposición decidiu actuar deixando ao marxe os diferentes informes presentados polo equipo de Goberno, tanto de intervención como dos técnicos urbanísticos e xurídicos" sinalan.
Ademáis denuncian dende Movemento Salceda "a enorme irresponsabilidade dos grupos da oposición antepoñendo unha vez máis os seus intereses sobre os intereses das empresas e autónomos que traballan para o Concello de Salceda, e o que é máis grave, sobre os intereses dos propios veciños e veciñas".
"O Recoñecemento Extraxudicial de Crédito é unha figura legal que permite ás empresas cobrar polos seus servizos sen ter que recurrir aos xulgados. Ante a pinza de PP e PSOE, os proveedores do Concello vense abocados a recurrir de novo á vía xudicial, tal como xa fixeran no 2016" explican.
Jose Luis González, Concelleiro de Facenda sinala que “os partidos da oposición seguen inventando ducias de excusas para evitar pagarlle ás empresas proveedoras do Concello. Xa non caben máis falsas coartadas, PP e PSOE deben decidir se permiten que as empresas poidan cobrar o que se lles adebeda ou prefiren seguir a xogar e a bloquear a acción de Goberno, sen importarlle nada o prexuizo que lle están a causar a veciños/as e proveedores/as”.
Marcos Besada, Alcalde de Salceda lamentaba que “mentres Movemento Salceda estea ao frente deste Concello non imos permitir ningún tipo de discriminación ou segregación entre os/as nosos/as proveedores/as. Todos/as teñen exactamente os mesmos dereitos, e o Concello de Salceda de Caselas ten as mesmas obrigas con todos/as e cada un deles/as”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.103