Domingo, 23 de Noviembre de 2025

Xornal21
Viernes, 02 de Marzo de 2018 Tiempo de lectura:
MOS

Arévalo lamenta que Caballero decida esgotar a vía do diálogo para solucionar o problema coa Tarxeta Verde do Vitrasa

A alcaldesa de Mos aporta informe da Secretaria Municipal que certifica a ilegalidade de que Mos pague parte dun servizo de transporte que se presta no municipio de Vigo.

En resposta ás declaracións publicadas do alcalde de Vigo, Abel Caballero, nas que di que “non bonificará aos cidadáns de Mos que viaxen no autobús de Vigo”, a rexedora local mosense, Nidia Arévalo, iniste en que “non pido ningunha bonificación especial para os mosenses, senón únicamente o que lles corresponde por lei e por dereito, para o que, dende o Concello de Mos, enviamos ao Concello de Vigo o pertinente requerimento no que instamos á devandita administración local que respecte a legalidade; non pretendemos, nin esperamos favores de Vigo, tan só que se cumpla o que a lei establece”.

 

Estas palabras da alcaldesa de Mos veñen refrendadas por un taxante informe da Secretaria Municipal, que certifica que “non é posible por parte do Concello de Mos a subvención das tarifas do transporte aos veciños empadroados no seu término municipal fundada no criterio do empadroamento, por contravir o principio de igualdade constitucionalmente recoñecido, e ademais por non cumprir co obxecto establecido na lei de subvencións. Polos mesmos motivos faise inviable a firma dun convenio de colaboración entre os Concellos de Vigo e Mos, coa finalidade de que o Concello de Mos financie unha bonificación das tarifas por un servizo de transporte do que é titular e presta o Concello de Vigo”.

 

Concluiu Arévalo lamentando profundamente a actitude de Caballero, quen afirma literalmente que “non temos que reunirnos para isto”, renunciando rotundamente á vía do diálogo que a alcaldesa mosense abriu para solucionar un problema que afecta a tantísimos veciños/as da área de Vigo. “O alcalde de Vigo esgotou a vía do diálogo que dende Mos propoñiamos para porlle solución a esta problemática que como alcaldesa tanto me preocupa, cando a veciñanza mosense que traballa na cidade olívica me traslada a súa desesperación ante á situación que se lles aveciña pola que terán que multiplicar o importe do que gastan en autobús para acudir aos seus postos de traballo, manifestando moitos deles que non poderán asumir o devandito aumento do importe a pagar cos seus soldos”, explica Nidia Arévalo, apelando á humanidade, e ao sentido común de Abel Caballero pero, sobre todo, á obriga do cumprimento das leis establecidas.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.115

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.