Miércoles, 14 de Enero de 2026

Xornal21
Miércoles, 07 de Marzo de 2018 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

Chus Garrote secundará os paros laborais polo 8 de marzo

Busca que "Ponteareas sexa unha referencia en igualdade de xénero”.

O PSdeG-PSOE de Ponteareas e a súa Secretaria Xeral, Chus Garrote, asistirán aos diferentes actos con motivo do Día Internacional da Muller, secundando a mobilización e os paros promovidos polos sindicatos UGT e CC.OO. A Tenente de Alcalde e Secretaria Xeral das socialistas de Ponteareas, Chus Garrote, sinalou que “o obxectivo é a eliminación da discriminación laboral, económica e social das mulleres. Ademais, Chus Garrote engade que “non desistirá en traballar para que Ponteareas sexa un referente da igualdade entre homes e mulleres”.

 

As socialistas de Ponteareas reiteramos o noso compromiso activo pola eliminación da discriminación laboral, económica e social das mulleres. Para iso, o PSOE acaba de tramitar unha Proposición de Lei no Congreso dos Deputados co fin de acadar a igualdade salarial efectiva entre homes e mulleres. “Todos os avances en materia de igualdade de xénero teñen os selo do PSOE” Sinala Chus Garrote.

 

 

 

 

O PSdeG-PSOE de Ponteareas apoia a mobilización dos sindicatos UGT e CC.OO. con motivo do 8 de marzo

 

 

 

 

As socialistas de Ponteareas recordamos que somos o único partido de Ponteareas cunha muller ao mando da súa formación política e onde as súas concelleiras ocupan postos de responsabilidade no Goberno Municipal de Ponteareas, un feito que nos enche de orgullo. Chus Garrote: “O Partido Socialista rompeu moitas barreiras e non permitiremos que o PP “cronifique” as desigualdades entre homes e mulleres”.

 

Con motivo do Día internacional da Muller, as socialistas de Ponteareas estaremos apoiando os diferentes actos conmemorativos e reivindicativos do 8 de marzo. Chus Garrote estará o martes 6 ás 12:00h de marzo no acto “Mulleres en acción. Violencia Zero” que organiza a Deputación de Pontevedra na Praza Maior de Ponteareas, e o xoves 8 asistirá a convocatoria de folga e á concentración que se realizará as 12 horas na Praza Bugallal.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.191

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.