SALCEDA DE CASELAS
O PP advirte que "o informe non valida e non da conformidade a factura de ‘reparacion’ de muros na Picoña"
"O informe acredita muros de nova construcción no ano 2015, non reparacións" segundo din dende o PP local.
Santiago Rodríguez Davila, voceiro do Partido Popular de Salceda de Caselas, deixou "ben claro" que o informe entregado na tarde-noite do xoves, -informe que conseguiu o Grupo Popular porque asistiron a xuntanza do Alcalde cos provedores, a cal o o rexedor do pobo non nos convidou, polo que nos entregaría dito informe no mesmo pleno, segundo explcan - “non valida nin da conformidade a factura con data 3 de abril de 2017 de ‘reparacións’ de muros en Pedrapinta -Picoña-, xa que o mesmo non fai mención a esas supostas reparacións, senon ás nova construcción realizada en 2015”. O grupo Popular entende que por un lado, ”recoñecen que non se fixeron as reparacións dos muros en 2017 e, por outro, que a factura refírese os novos muros construidos no ano 2015”, polo que os concelleiros/as populares denuncian a “intención do Alcalde de querer colar unha factura presuntamente falsa no seu concepto, o non ser real o que nela se di, mesmo non existindo unidades de execución, prezo das mesmas, material empregado,…e todo asinado e conformado polo concelleiro de vías e obras co visto bo do Alcalde”.
Davila denunciou onte no pleno que “o Alcalde e o seu equipo de goberno, pretendían que este grupo dera por bo un informe no cal as mesmas fotos que o integran, demostran que son muros construidos no ano 2015 e nada ten que ver cas reparacións que se mencionan na factura que pretenden pagar”, polo que as dúbidas que tiña o grupo popular confirmáronse con este informe o certificar o xa expresado anteriormente, “nada de reparacións e si nova construcción no ano 2015 que tendrían que estar no capítulo de inversión dos orzamentos”.
Asemade pregúntanse o motivo da tardanza en facturar, dous anos despois, “o porqué de presentar e pretender colar unha factura cun concepto falso cando xa no ano 2016 presentouse e pagouse unha factura de muros en ese mesmo lugar por importe de 13.500 € que xa excedía o orzamentado do proxecto orixinal de 44.300 €”.
Con estas cantidades, os populares salcedenses queren manifestar que a súa laboura de fiscalizar o goberno, está a dar os resultados de despatar artimañas, “e moi fácil darse conta que unha obra que inicialmente tiña un orzamento de 44.300 € pasou a custar, (salvo que aparezan novas facturas) 85.700 € (44.300+13.500+27.900), un 90% máis, claro que se fixo en plena campaña electoral de 2015 e todo valía” recrimina ó actual alcalde, Marcos Besada de demostrar absoluta irresponsabilidade na xestión do Concello e desemparo ós provedores.
No pleno, "quedou moi claro a solución ó problema de pago a provedores, dando dúas alternativas concisas" explican engadindo que “separar esa factura para poder pagar as restantes, e que se modifique esta, tanto o seu concepto, recoñecendo que son os muros de nova construcción do ano 2015, que a suma de todas as facturas emitidas dende 2015 ata esta última coincidan co alí executado, tanto no importe como nos metros construidos, asinada polo concelleiro de área e o visto bo do técnico”, explicou Davila diante de veciños/as que asistiron a sesión plenaria.
En canto "a excusa da perda da subvención que manifesta o goberno", os populares manifestan que, “teñen ata o 31 de marzo para xustificar, se o Alcalde quere, pode solucionar o probema que él creou, ten marxe suficiente para ser sensato e responsable”, recordándolle que é o goberno o que pode e debe mudar as cousas.
Os populares queren amosar o seu agradecemento ós provedores pola súa comprensión respeto da postura fiscalizadora, xa que en conversas con moitos deles, “incluso visitamos a casi todos os afectados con negocio en Salceda, entenderon perfectamente que o diñeiro é de todos, e polo tanto que ten que estar moi clariño ónde e para qué conceptos se destina” remata o voceiro popular.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.215