Miércoles, 26 de Noviembre de 2025

Xornal21
Lunes, 05 de Marzo de 2018 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

O proxecto Millenials busca emprego para a mocidade na comarca do Deza

“Millenials. Let´s go to work” ofertará sete accións formativas gratuítas entre abril e xuño para o fomento do emprego e mellora da empregabilidade da mocidade da provincia con idades comprendidas entre os 18 e 30 anos.

[Img #39423]

 

O deputado de Cooperación, David Regades, acompañado de alcaldes e representantes municipais dos concellos do Deza e Tabeirós-Terra de Montes, presentou esta mañá o novidoso proxecto “Millenials. Let´s go to work”. A través desta iniciativa, tal e como subliñou o deputado provincial, “pretendemos, pese a non ter competencias neste eido, fomentar o emprego e mellorar a empregabilidade da mocidade da nosa provincia xa que sabemos que o emprego é un importante condicionante para fixar poboación e frear o despoboamento no rural”.

 

“Millenials. Let´s go to work” trátase dun plan de emprego con sede en Lalín dirixido á formación da mocidade de toda a provincia, con idades comprendidas entre os 18 e 30 anos e no marco do Plan Nacional de Garantía Xuvenil, para mellorar a súa empregabilidade e acceder ao mercado laboral a través de formación e asesoramento gratuíto ligado ao emprendemento. O proxecto impulsado pola Deputación de Pontevedra, tal e como informou o deputado de Cooperación, conta cun orzamento de máis de medio millón de euros e financiamento do Fondo Social Europeo en colaboración coa EOI.

 

A través de “Millenials” vanse poñer en marcha sete accións formativas gratuítas entre abril e xuño que, amais, foron consensuadas “co sector empresarial da comarca para coñecer cales eran aquelas materias formativas que máis poderían ser demandadas polas empresas de cara a futuras incorporacións laborais”, indicou Regades.  En concreto, ofertaranse cursos de “Xestión e operativa en comercio e loxística internacional” (de 280 horas, en Lalín), “Arqueoloxía e conservación/restauración” (de 190 horas, no Pazo de Liñares), “Manipulación e procesos de conservación en carne, lácteos, froitas e hortalizas (de 220 horas, en Lalín), “Despece de cárnicos” (de 320 horas, en Lalín), “Fabricación e mantemento de instalacións de clima, frío e eléctricas” (de 290 horas, en Lalín), “Soldadura de aluminio” (de 280 horas, en Vila de Cruces) e “Loxística e xestión de almacéns” (de 315 horas, en Lalín).


As persoas interesadas en participar en “Millenials” poderán inscribirse a partir do vindeiro venres, a través dun banner na páxina web da Deputación de Pontevedra. O deputado de Cooperación destacou que “amais de mellorar a empregabilidade, a través do proxecto imos facilitar o acceso ao mercado laboral da mocidade, de feito, completaremos o plan con actuacións dirixidas a facilitar a inserción laboral das persoas participantes, en colaboración cos concellos e as asociacións de empresarias e empresarios”.

 

De feito os alcaldes e representantes municipais presentes na presentación do proxecto “Millenials” destacaron que “se trata dunha iniciativa moi importante para nós, para que os concellos do Deza e Tabeirós-Terra de Montes non perdan poboación, así que estamos moi agradecidos por esta oportunidade e avalamos totalmente estas ideas”.

 

O proxecto “Millenials” forma parte dos compromisos que a Deputación de Pontevedra puxo en marcha para relanzar o viveiro de Lalín. Regades destacou que “en Barro impulsamos o DepoFabLab, coa última tecnoloxía en fabricación e impresión e en Lalín un proxecto para converter ao viveiro nun referente e nun espazo de uso sostible”. Máis polo miúdo o deputado de Cooperación destacou que a meirande parte das iniciativa postas en marcha en Lalín xa están iniciadas, “como o programa DepoEmprende, a través do cal 15 persoas están recibindo 140 horas de formación para a promoción da cultura emprendedora, ou DepoIntegra Xoven, recentemente presentado, que vai ofertar dous itinerarios formativos dirixidos á obtención de certificados de profesionalidade centrados no comercio e na venda”.

 

Regades tamén fixo fincapé na oficina de SmartPeme do viveiro de Lalín, a través do cal se están a ofertar solucións á medida dos sectores agropecuario, do comercio minorista e da construción, en estreita colaboración con representantes sectoriais de AEDEZA, ACOE e Cooperativas das comarcas. 

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.14

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.