Viernes, 10 de Octubre de 2025

Xornal21
Martes, 06 de Marzo de 2018 Tiempo de lectura:
SALCEDA DE CASELAS

Os socialistas chaman á reflexión sobre o trasfondo do pago a proveedores

[Img #39424]

 

Tras o segundo pleno celebrado sobre o recoñecemento extraxudicial de crédito, Verónica Tourón chama a reflexión sobre a importancia do deste tema, para a voceira socialista “ o problema dos reiterados recoñecementos que o goberno local trae a pleno, non se reduce á falta de ética e de respecto dun alcalde por quitar adiante temas sen ningún tipo de negociación e saltándose o regulamento, tampouco se reduce a  unha factura que encobre traballos mal feitos, estas son parte importante do problema, pero  a problemática de gobernar deste xeito ten unha amplitude moito maior, e é a deriva económica á que o goberno local está levando ó concello coa falta de xestión”.

 

Para as socialistas, se os outros dous grupos de goberno tratan de minimizar o problema a dúas cuestións: unha soa factura e a actitude do alcalde, están cometendo un grave erro, non pensando máis aló dos resultados electorais e sen poñerlle solucións a longo prazo, a un problema xerado polo Sr. Alcalde e que aboca ós provedores a traballar sen ningunha seguridade xurídica e a cobrar a través dos xulgados, feito do cal na opinión socialista é único responsable o goberno de Movemento Salceda.

 

“Non se pode gobernar a golpe de recoñecementos extraxudiciais de crédito, sen presentar orzamentos e saltándose a normativa, gastando o que non se ten, sen ningún tipo de Plan Económico e saíndo ó paso responsabilizando á oposición. Insistimos que no 2016 con motivo de outro recoñecemento con cantidades desorbitadas e facturas claramente electoralistas, o grupo socialista presentou unha serie de medidas, para que se foran implantando pouco a pouco e non se realizou absolutamente ningunha. Este goberno seguiu a actuar do mesmo xeito, e xa daquela, advertimos que se non se implantaban estas medidas os provedores acabarían na mesma situación, e aquí estamos de novo”, insiste Tourón.

 

"As medidas poden resumirse: nun compromiso de non contratar sen ter partida orzamentaria, utilizando a retención de crédito como mecanismo de funcionamento; cumprir a lei de contratos (en Salceda case o 100% dos provedores traballan sen asinar contrato de servizos nin obras), cumprir co principio da prelación de pagos para que os provedores cobren por orde, impulsar medidas de boas prácticas de xestión económica e informar trimestralmente á corporación. Se estas medidas se tivesen en conta o alcalde non volvería a levar ós provedores a esta situación tan preocupante e ó mal funcionamento do concello" explican.

 

A "incapacidade do Alcalde para chegar acordos e de sobra coñecida, pero tendemos a man para comezar a aplicar medidas que eviten de novo estas situación"s. Trátase de xestionar con seriedade e responsabilidade, non traballar sen rumbo e facer da súa mala xestión “un intercambio de cromos nun patio de colexio”.

 

"Falta de transparencia, falta de xestión, a imposición como bandeira, non leva a outro resultado como o que estamos vendo, non pode ser que gastemos 310000 euros por encima de orzamento, a espera de que haxa máis recoñecementos este ano e ter por exemplo as parroquias abandonadas ante as emerxencias dos incendios e da cicloxénese sufridas en outubro e decembro de 2017". Non se pode seguir gastando en maquillaxe mentres as gravidades están sen atender, “creo que todos entenderíamos se esas emerxencias fosen as recollidas neste recoñecemento e non outras facturas de obras dedicadas a maquillar Salceda”, afirma a voceira socialista.
 

Por isto, o grupo socialista advirte que non vai a ser cómplice desta xestión irregular do concello, é responsabilidade única do equipo de goberno co alcalde á cabeza, e convida á corporación a reflexionar sobre a necesidade de adquirir compromisos sobre boas prácticas e transparencia na xestión económica, e sacar ó concello desta situación.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.215

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.