Jueves, 27 de Noviembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Viernes, 09 de Marzo de 2018 Tiempo de lectura:
VAL MIÑOR

Mañá celébranse as xornadas “Monte e veciñanza” no Val Miñor

[Img #39445]

Mañá sábado día 10 de marzo, no Centro Cultural de Camos “A Camoesa”, en Nigrán, ao longo de todo o día, vaise desenvolver unha xornada aberta e participativa coa intención de contribuír a achegar o monte comunal do Val Miñor á veciñanza e a veciñanza ao monte comunal a través dunha serie de actividades, para todos os públicos, que abranguen a comunicación, o coñecemento, a educación e o compromiso.

 

 

A iniciativa parte dun grupo de veciñas e veciños do Val que, trala última vaga de incendios, queren dar unha resposta social activa e colaborar no alento á implicación da xente co monte, á súa defensa e ao coñecemento da súa realidade. Despois de contactar coa maioría das Comunidades de Montes do Val Miñor que colaboraron xenerosamente nas enquisas elaboradas, vendo a necesidade de difusión e de contacto entre todas as partes implicadas nos nosos montes, xurdiu a idea da xornada. Durante a mesma, dende as dez da mañá que comezará un roteiro guiado, desenvolveranse actividades para persoas adultas e cativas: táboas redondas, charlas participativas con diferentes temáticas relacionadas co monte en man común, o lume e as alternativas sostibles, proxección de documentais, exposicións de traballos do alumnado de varios centros, obradoiros  para nenos e nenas, xantar compartido e festa para rematar: circo, poesía, música e teatro.

 

 

Por último sinalan que esta xornada non sería posible "sen a participación xenerosa de moitas persoas, asociacións, centros educativos... do Val Miñor que demostran que hai moi boa disposición e interese na defensa dos nosos montes" aseguran dende a organización do evento.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.136

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.