MOS
As augas de San Rafael na parroquia de Pereiras están "totalmente limpas de lindano"
A principios de abril celebrarase a próxima Comisión de Seguemento e daranse os resultados íntegros do estudo.
![[Img #39488]](upload/img/periodico/img_39488.jpg)
Onte celebrouse no Concello de Mos a segunda sesión da Comisión de Seguemento do Lindano. A constitución da devandita comisión efectuouse por unanimidade dos membros o pasado 7 de febreiro.
Estiveron presentes na segunda sesión a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, o subdirector xeral de Avaliación Ambiental, Carlos Calzadilla, un representante da empresa EPTISA contratada a finais de novembro para realizar o estudo en Mos, o concelleiro mosense de Coordinación de Asociacións, Patrimonio e Servizos, Camilo Augusto, o exalcalde mosense Justo José González Ballesta, os arquitecto e secretaria municipais, representantes de tódolos grupos políticos da Corporación Municipal (PSOE, BNG e GañaMos) e o concelleiro non adscrito, Emiño Muíños, e representantes das Asociacións Veciñais das zonas nas que se está a levar a cabo a análise e que son Chan do Bosque-Amieirolongo, Ledicia-Sanguiñeda, Nosa Terra de Pereiras e San Rafael de Pereiras.
Durante a xuntanza o técnico de EPTISA aportou resultados parciais das análises realizadas ata o de agora e informou dos pasos a dar a continuación. Informou de que ata o de agora tomáronse 15 mostras de auga das cales xa se analizaron un total de 6 correspondentes ao barrio de San Rafael en Pereiras, todas con resultados negativos de contaminación por lindano. Os resultados das 9 mostras de auga que quedan por analizar faranse públicas na vindeira Comisión de Seguemento.
Na rotonda da Costilleta, ao estarse realizando movementos de terra derivados das obras de mellora do nó de Sanguiñeda, a empresa EPTISA detectou unha moi baixa concentración de trazas de lindano. Pero aínda se realizarán nesa mesma zona máis catas en profundidade.
Actualmente estase a levar a cabo o proceso de sondeos (tomas de mostra de solo), proceso que se prolongará aínda durante algúns días máis. As catas de solo tómanse nas zonas do CEIP Mestre Valverde Maio de Sanguiñeda, a ludoteca de San Rafael, as pistas sitas en San Rafael e Cristo de Belén, e a rotonda da Costilleta.
Así mesmo durante a reunión acordouse ampliar a toma de mostras tanto de auga como de solo ás zonas dos ríos Perral e Louro. Na zona do Perral xa se fixo algunha cata e na beira do Louro realizaranse na zona de paso do río pola parroquia de Sanguiñeda.
E tamén se avanzou que en función dos resultados das análises das 9 mostras de auga pendentes de resolver decidirase se ampliar as catas de terra a algunha zona máis. Estes sondeos realízanse mediante perforación vertical procurando deteriorar o mínimo posible o solo obxecto de estudo.
No caso do Colexio de Sanguiñeda sábese que no ano 1993 tentouse realizar un recheo de terreo con lindano que finalmente se retirou por protestas do persoal docente e da ANPA do centro. Por iso, aínda que nesa zona xa se tomaron mostras superficial de solo vaise facer tamén unha cata máis profunda.
Os expertos da empresa contratada para este estudo non atoparon máis lugares non que haxa indicios de posible contaminación por lindano dentro do termo municipal mosense. Así mesmo apuntaron que a día de hoxe a contaminación en humanos só se podería dar por consumo de auga, pero para ser unha contaminación aguda únicamente en traballadores que manipulen directamente o lindano.
A Comisión de Seguemento do Lindano en Mos avanzou que a finais deste mes existirán conclusións íntegras deste estudo que tiña un prazo de execución de tres meses, polo que se están a cumplir os prazos. Informaron así mesmo que a próxima mesa celebrarase despois de Semana Santa, concretamente o día 3 de abril, e nela estará tamén presente representación da Confederación Hidrográfica Miño-Sil. Na devandita data farase pública a totalidade dos datos do estudo e as medidas oportunas no caso de ser necesarias.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.167