Lunes, 24 de Noviembre de 2025

Xornal21
Viernes, 09 de Marzo de 2018 Tiempo de lectura:
TOMIÑO

O Tomiño FC organiza a I Festa dos Callos

Celebrarase este domingo 11 de marzo a partir das 09.00 horas fronte ao ximnasio (Seixo). Repartiranse unhas 2.000 racións, arredor de 800 quilos.

[Img #39478]

 

O Tomiño FC organiza este domingo 11 de marzo a I Festa dos Callos da localidade, unha festa gastronómica que nace coa intención de recadar fondos para o club á vez que busca ampliar a oferta de actividades no concello e formar parte do calendario de eventos habituais do concello tomiñés. “Nace con idea de continuidade, de que este sexa o primeiro paso, xa que todas estas festas van gañando participantes a medida que van sumando edicións”, salienta Manuel Vila, presidente do club de fútbol.


Esta festa é “unha forma de encher de vida e de dinamizar o centro da vila ao tempo que se apoia ao deporte tomiñés”, como explicou a alcaldesa Sandra González durante a presentación da I Festa dos Callos nas dependencias do concello. Nesta presentación tamén participaron o concelleiro de Deportes, Ismael Troncoso, e do cociñeiro que preparará as racións que se venderán na festa, Alejandro Alonso.


Esta primeira edición levarase a cabo coa colaboración do Concello de Tomiño e de Coren, ademais de coa da Comunidade de Montes VMC Barrantes, coa das panaderías Manuel López, Camiño Novo, Parroquiñas, Currás e Tomipan Flor y Nata e coa de MRDixital, Día Tomiño e Quicelco.


800 quilos de callos
A organización espera repartir sobre 2.000 racións durante a festa, arredor de 800 quilos de callos, que poderán empezar a degustarse o domingo 11 de marzo dende as 09.00 horas. Para maior comodidade do público e garantir o benestar de todas e todos os que se achegue a probar os callos en caso de que o tempo non acompañe, a organización habilitará unha carpa no centro de Tomiño, fronte ao ximnasio (Seixo).


A festa terá prezos populares e dará a posibilidade de comer os callos na propia carpa ou de compralos para levar. En caso de degustar alí, o prezo será de 7 euros a ración en venta anticipada e de 8 euros en taquilla e cada unha destas racións incluirá pan, callos, viño ou auga, ademais da cazola e a taza de barro conmemorativa. As e os que prefiran tamén poderán coller callos para levar, a 5 euros a ración.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.85

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.