Viernes, 28 de Noviembre de 2025

Xornal21
Domingo, 11 de Marzo de 2018 Tiempo de lectura:
NIGRÁN

O Concello de Nigrán reclama á Xunta que suprima do proxecto da PO-552

O goberno acorda en Xunta de Portavoces as diferentes alegacións que o Concello presentará aos dous proxectos da Xunta de mellora da seguridade viaria na PO-552.

[Img #39501]

 

O goberno de Nigrán acordou esta semana en xunta de portavoces cos representantes de tódolos partidos as diferentes alegacións que o Concello presentará mañá aos dous proxectos da Consellería de Infraestructuras e Vivenda de mellora da seguridade viaria na PO-552 en Priegue e A Ramallosa.

 

Entre as diferentes alegacións consensuadas entre toda a corporación cabe destacar a petición de que se suprima a gran rotonda proxectada en Mestra Emérita (Priegue), xa que non é unha zona con especial risco de accidentes e o investimento e afección de terreo que conleva son totalmente desproporcionados con respecto aos supostos beneficios, máxime cando se contempla un muro de contención sobre o curso do Río Vello e o seu corredoiro ecolóxico. "Estamos a falar de máis de 300.000 € para construir unha gran rotonda totalmente innecesaria e con impacto medioambiental moi negativo, polo que dende o Concello pedimos que eses cartos se invistan en medidas adicionais de seguridade en tramos periogosos da PO-552 onde actualmente non hai nada previsto", explica o alcalde, Juan González.

 

 

 

 

Dende o Concello se alegará  manter os dous sentidos de circulación no camiño do Cruceiro e dos Pedreiros, na Ramallosa; a non supresión das prazas de aparcamento na Rúa Argonautas ou habilitar unha senda peonil na contorna de Ureca

 

 

 

 

Entre estas medidas adicionais que reclamará o Concello e que non contempla o proxecto se atopa a mellora da accesibilidade peonil na contorna de Ureca (rotonda coa AG-57 a Porto do Molle ou Camiño A Camesella) xa que actualmente só dispón dun único itinerario peonil moi complexo a pesares de ser unha zona moi transitada dado que dende aí se entra ao sendeiro do Río Muíños ou ás instalacións deportivas. "É imprescindible a construción de itinerarios seguros e accesibles en toda esta zona", recalca o rexedor, quen incide en que na Xunta de Portavoces se sinalou tamén a petición á Xunta de que construa beirarrúas dende a rúa Rans ao cruce con Telleira, único tramo que carece delas. Adicionalmente, o Concello de Nigrán reclama tamén que se mellore a seguridade na curva da PO-552 á altura do Camiño das Angustias e Camiño da Cal, un punto de alta concentración de accidentes por mor da alta velocidade coa que acceden os vehículos pese a tratarse dunha pendente descendente cun trazado complicado. Outra das cuestións que non contempla o proxecto e que dende o Concello se reclama é a mellora da seguridade no cruce entre Manuel Alonso, Camiño Vello e Vilameán. Esta confluencia de rúas está insuficientemente regulada mediante semáforos e precisa dunha reordenación que facilite aos conductores a circulación. O mesmo problema presenta en Priegue o acceso dende a PO-552 á Rúa Rouxo (barrio de Chans ou Campo Municipal de Condomínguez). "O proxecto cínguese a dúas actuacións en A Ramallosa e Priegue, e precisamente en Priegue vemos innecesaria a rotonda, polo que dende a corporación reclamamos que eses cartos se invistan nestas outras actuacións non previstas", incide o rexedor, quen agradece a colaboración de tódolos grupos neste asunto.

 

Por outra banda, o Concello presentará alegacións para que se manteña o dobre sentido de circulación nas rúas Cruceiro e Camiño Pedreiros, en Mallón, onde pide tamén que se continúen as beirarrúas. Ademais, incide na importancia de que se permita o acceso ao Camiño das Barreiras, unha rúa que dá entrada a numerosas casas e diversas empresas. Outra das principais cuestións que o Concello alegará será que non se supriman as 50 prazas de aparcamento actuais na rúa Argonautas (ao carón da piscina mancomunada) por mor de construír un illote verde no medio da rúa. "A Ramallosa xa ten un precisamente carencia de prazas de aparcamento como para suprimir máis, máxime na contorna da piscina", sinala González.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.136

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.