PONTEAREAS
Publicadas as subvencións para clubs deportivos sen ánimo de lucro
O concelleiro de Deportes informa da publicación das subvencións para clubs deportivos sen ánimo de lucro en competicións federadas de ámbito nacional para o ano 2018 para as que o prazo de inscrición rematará o vindeiro 2 de abril.
A concellería de Deportes do Concello de Ponteaeras, que dirixe o socialista Benito Márquez, informa da publicación das subvencións para clubs deportivos sen ánimo de lucro en competicións federadas de ámbito nacional para o ano 2018.
Esta convocatoria está destinada a clubs federados da provincia de Pontevedra de ámbito nacional que teñan polo menos un equipo participante na categoría sénior, así como aos clubs que participen na 3.ª división de fútbol co obxectivo específico de apoiar a súa participación en ligas e competicións oficiais de ámbito nacional convocadas por organismos ou federacións deportivas galegas ou españolas nas modalidades deportivas con implantación na provincia de Pontevedra.
A través destas bases réxense as subvencións para o apoio a clubs deportivos federados que participen en categoría nacional na temporada 2017-2018 e, no caso dos clubs que participen en competicións de ano natural, da temporada 2018.
Os gastos subvencionables serán unicamente os de carácter corrente e os de adquisición de materiais funxibles xerados pola realización de actividades deportivas. Non serán obxecto de subvención os eventos deportivos singulares que poidan ser obxecto de subvención a través doutras convocatorias nin a adquisición de bens inventariables ou os gastos derivados das atencións protocolarias ou de viaxes de lecer nin os gastos financieiros.
O prazo de solicitude rematará o día 2 de abril de 2018.
Para máis información remitirse á ligazón http://ponteareas.gal/xiralda/uploads/2018/03/BASES-SUBVENCIÓNS-CLUBS-DEPORTIVOS-ÁMBITO-NACIONAL-2018.pdf

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.191