VIGO
Augas de Galicia licita a redacción do proxecto de mellora do sistema de saneamento de Teis en Vigo
A rede de colectores actuais presenta algunha infiltración de augas que provoca unha sobrecarga hidráulica.
Augas de Galicia licita no Diario Oficial de Galicia a redacción dun proxecto construtivo para a mellora do sistema de saneamento de Teis no concello de Vigo por un importe de máis de 66.000 euros.
O sistema de saneamento de Teis inclúe unha rede de colectores que se estenden polos concellos de Vigo e de Redondela, varios bombeos intermedios e unha estación depuradora de augas residuais (EDAR) cun tratamento biolóxico de aireación prolongada con eliminación de nitróxeno, deshidratación de lamas mediante centrífuga e desinfección con UV. Na dita rede de colectores téñense detectado importantes infiltracións de augas brancas que provocan unha sobrecarga hidráulica continua.
O obxecto concreto deste servizo é o de analizar a viabilidade e as alternativas e redactar o anteproxecto e o proxecto construtivo das actuacións necesarias para mellorar o sistema de saneamento de Teis, reducir as infiltracións detectadas na rede de colectores e mellorar os bombeos intermedios.
De xeito orientativo, Augas de Galicia ten identificado unha serie de alternativas de actuación que, entre outras, poden ser as seguintes:
- Mellora do bombeo de Arealonga mediante un novo desbaste de sólidos e un areeiro.
- Renovación do colector de marxe do río Paraixal, nun treito aproximado de 1.100 metros.
- Mellora do saneamento na rúa Arnela, onde hai dous colectores de fecais. Pódense adecuar as conexións de xeito que quede un colector de pluviais e outro de residuais.
- Ampliación da rede no Camiño Xorxa, por exemplo mediante un cruce baixo a Avenida de Galicia que termine conectando á rede na rúa Arnela.
- Ampliación e mellora da rede na contorna da rúa Santa Tegra: nova rede de pluviais que recolla as augas pluviais do Camiño Espiñeiro e da rúa Maceiras ata o aliviadoiro próximo á rúa Xulián Estévez; renovación da rede de saneamento entre a rúa Enrique Lorenzo e a rúa Xulián Estévez.
- Ampliación e mellora da rede separativa na contorna da rúa Baixada ós Ríos.
- Ampliación e mellora da rede na rúa Mimosa.
Tanto este contrato de apoio á redacción do proxecto, como a obra que se execute a raíz do mesmo, cofinanciarase pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun 80% no marco do Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217