Viernes, 28 de Noviembre de 2025

Xornal21
Lunes, 12 de Marzo de 2018 Tiempo de lectura:
NIGRÁN

Curso de 'Preparado r -programador de máquinas ferramentas con CNC'

O prazo de inscrición, a través do Rexistro Municipal, arranca hoxe luns 12 de marzo e finaliza o xoves 15.

O Concello de Nigrán abre o luns o prazo de inscrición para a realización dun curso de “Preparador-Programador de máquinas ferramentas con CNC”, dirixido de forma prioritaria a persoas desempregadas (mínimo 90 días) e empadroadas no municipio (mínimo 45 días) que posúan, polo menos, o Graduado Escolar ou a ESO. Dende os servizos técnicos do Concello se deseña esta acción formativa gratuíta atendendo á demanda actual da industria neste eido, máis concretamente á de empresas radicadas en Porto do Molle, polo que se pretende adaptar a man de obra dos veciños desempregados ás posibles ofertas laborais. O alumnado adquirirá os coñecementos teórico/prácticos dos procesos de mecanizado con máquinas CNC, a programación convencional e parametrizada a partir dos procesos, planos e documentos técnicos, a programación CNC asistida por ordenador e a preparación e mecanización con máquinas convencionais de CNC. O Concello inviste 12.000 euros nesta acción formativa deseñada para un total de 20 persoas e que non terá ningún custe para o alumnado, polo que supón unha inmellorable ocasión de ampliar o currículo e, con elo, a empregabilidade.  

 

O curso, que comezará o 2 de abril, terá unha duración de 110 horas divididas en 40 horas teóricas e 70 horas prácticas. As persoas interesadas en participar deberán presentar a súa solicitude no Rexistro Municipal do 12 ao 15 de marzo, cubrindo unha instancia e unha enquisa de selección que estará a súa disposición tanto no Servizo de Información coma no Centro Antena Municipal ou o Departamento de Desenvolvemento Local de Nigrán, e achegando a totalidade da documentación que se indica en dita solicitude. Aquelas persoas que posúan a acreditación dixital correspondente, tamén poderán inscribirse mediante a plataforma da “Sede Electrónica” do Concello de Nigrán.

 

Para ampliar esta información, pódese contactar co Departamento de Desenvolvemento Local, no 986-365000 (extensión 7) e co Centro Antena no teléfono 986–366572, ou formular as súas preguntas a través dos correos electrónicos tle.nigran@nigran.org, centroantena@nigran.org e orlaboral@nigran.org indicando un teléfono de contacto.

 

O Concello de Nigrán, na súa política de fomento do emprego, continúa a planificar novas accións formativas que se irán desenvolvendo ao longo deste ano e que se irán anunciando a medida que estean pechadas.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.136

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.