MOS
Mos solicita que se aclare a información que se está a remitir aos contribuíntes
As cartas que están a recibir non son en realidade unha notificación de pago ordinario nin o prazo límite para efectuar o pagamento é o 20 de marzo.
A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, informa á veciñanza mosense sobre a carta que están a recibir nos seus domicilios sobre a regularización catastral, aclara que non se trata dunha notificación de pago ordinario, senón que se trata dun escrito meramente informativo; por iso as cartas estanlles chegando abertas aos destinatarios, tal e como comentan os propios receptores.
Ademais aclárase dende o Concello de Mos que a data especificada nas devanditas cartas, o día 20 de marzo de 2018, non é o prazo límite de pago, senón que o período para efectuar os pertinentes pagamentos é moito más amplo e haberá de ser notificado de xeito ordinario perante correo certificado, deste xeito a falta de pago das débedas antes dese día non implicará en ningún caso o devengo de intereses. Ao mesmo tempo lémbrase a posibilidade de optar por solicitar o fraccionamento e/ou aprazamento das débedas ante o ORAL una vez se notifiquen de forma definitiva.
Neste sentido Arévalo, rexedora local mosense, amósase disgustada coa escasa e confusa información que se está a difundir aos contribuíntes con estas cartas, e rógalle á Deputación de Pontevedra que tome medidas ao respecto e ao mesmo ORAL que aclare a información.
Por último, Nidia Arévalo aproveitou para lembrarlle á veciñanza que o servizo de atención ao público sobre a regularización catastral estará operativo no salón de sesións da Casa Consistorial mosense en horario de 09.00 horas a 14.00 horas ata o vindeiro venres 16 de marzo, cabendo a posibilidade de ampliación deste prazo de ser necesario.
Este servizo, prestado por un técnico especializado do ORAL, pretende facilitar aos veciños e veciñas de Mos a tramitación das consultas sobre a liquidación da regulación catastral. Esta medida evita que os habitantes de Mos teñan que desprazarse ata as oficinas do ORAL para realizar estas consultas.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.85