Miércoles, 26 de Noviembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Miércoles, 14 de Marzo de 2018 Tiempo de lectura:
Provincia de Pontevedra

O Pontegal contabiliza 1.422 artistas e grupos inscritos

A Xunta do Goberno provincial aprobou na súa última sesión o catálogo de grupos acollidos

A Xunta do Goberno provincial aprobou o catálogo de grupos acollidos ao Pontegal 2018, que acadou 1.422 inscricións. No catálogo desta edición o maior número de grupos acollidos corresponde á categoría ‘Teatro' que contabiliza un total de 171 compañías inscritas entre as tres modalidades. Así, as dúas categorías de teatro profesional contabilizan 95 compañías inscritas, e a categoría de teatro non profesional 76 inscricións. Nesta categoría as inscricións increméntanse en 19 compañías con respecto á edición de 2017. En segundo lugar en canto a número de inscricións, sitúanse as ‘Masas Corais' con 161 inscricións, das cales 29 corresponden á clasificación "A", formacións cun mínimo de 50 membros, e as 132 restantes á clasificación "B", formacións cun mínimo de 30 membros. Séguenlle a categoría ‘grupos folclóricos' con 134 inscricións, os ‘grupos de gaitas' con 132, o apartado ‘pandeireteiras' con 129, ‘grupos folk' con 94, bandas de música con 93, e grupos de ‘música clásica' con 87 inscricións.

 

Hai que lembrar, que tal e como estipulan as bases, todos os grupos, compañías e artistas cuxas inscricións foron aceptadas neste programa teñen a obriga de realizar as súas actuacións, conferencias e/ou audiovisuais obrigatoriamente en lingua galega. Esta obriga tamén debe ser atendida polos concellos e asociacións que soliciten as actuacións, conferencias e audiovisuais, que deben facer toda a carteleira, promoción, e difusión en idioma galego.

 

O uso do galego é un dos criterios básicos incluídos na adxudicación das actuacións, e que xa fora contemplado nas pasadas edicións, atendendo a un dos acordos recollidos no pacto de goberno da institución provincial, que se fundamenta na promoción e defensa do uso do idioma tanto na propia institución como entre a cidadanía. Así, tanto artistas como concellos e asociacións están obrigados e obrigadas a realizar a publicidade en lingua galega, empregar unha linguaxe non sexista e introducir o logo do Pontegal de xeito visible. O non cumprimento destes requisitos é motivo de exclusión das axudas deste programa.

 

Novidade nos criterios de adxudicación

 

A principal novidade na convocatoria deste ano atópase nos criterios de adxudicación das actuacións a concellos e asociacións. Así, as máximas puntuacións corresponden a actuacións encamiñadas á dinamización da lingua galega, con ata 30 puntos, e as incluídas en programas de carácter social, isto é, que aposten pola igualdade de xénero, tamén con ata 30 puntos. Os outros criterios que tamén se terán en conta serán o interese supramunicipal, a duración da actividade e o público destinatario.

 

Estes criterios terán correspondencia co importe máximo que se establece na adxudicación das actividades, tendo en conta tres tramos: as actividades englobadas en programas de dinamización do galego poderán solicitar ata 1.600 euros por actividade; as actividades englobadas en programas de fomento da igualdade entre homes e mulleres e en eventos de carácter social con colectivos en risco de exclusión poderán solicitar ata 1.500 euros por actividade; mentres que o resto de actividades terán ata 1.200 euros por actividade.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.118

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.