Miércoles, 26 de Noviembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Jueves, 15 de Marzo de 2018 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A candidatura Cíes-Illas Atlánticas na lista final da Unesco

Queda superada a fase da competición interna dentro de España, onte se confirmou que xa está inscrita na propia Unesco

[Img #39654]

 

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, explica que a Xunta iniciará a difusión e promoción da Candidatura Cíes-Illas Atlánticas, que avanza no seu obxectivo cara Patrimonio da Humanidade, logo de que onte se confirmarse o seu rexistro na lista final que a Unesco elabora para decidir anualmente os novos patrimonios.

 

Na rolda de prensa do Consello, Feijóo quixo agradecer o traballo e o esforzo desenvolvido para facer unha candidatura seria e científica, capaz de ir superando todas as eliminatorias ata chegar á fase final na que se entra agora. Superouse a fase da competición interna dentro de España e onte confirmouse que xa está inscrita na propia Unesco. Por tanto, o proceso de declaración das Illas Cíes-Illas Atlánticas non ten volta atrás e agora só é cuestión de tempo e de traballo colectivo lograr que esa declaración se consiga no menor tempo posible, como sinalou o titular da Xunta.

 

[Img #39655]Ao respecto, explicou que, no que ten que ver coa tramitación, as directrices da Unesco marcan que a candidatura debe permanecer un ano na lista indicativa, e será a partir dese momento cando se poida proceder á avaliación do expediente para a súa posterior declaración. E a nivel interno, o que corresponde é iniciar un proceso de recadación de apoios e un extenso programa de actividades para difundir e promocionar a candidatura.

 

Nesta liña, o responsable do Goberno galego subliñou que o Consello de hoxe marcou o comezo deste proceso no que xa se leva un tempo traballando e que será presentado nas vindeiras semanas.



Segundo Feijóo, a folla de ruta que marcamos para lograr que a candidatura sexa declarada Patrimonio da Humanidade sitúanos no bo camiño ao igual que xa logramos coa candidatura da Ribeira Sacra e coa candidatura do Ferrol da Ilustración.

 

O titular do Goberno galego destacou os efectos positivos que tería lograr esta declaración, tanto para os concellos implicados –Vigo, Bueu, Ribeira e Vilagarcía de Arousa- como para toda Galicia. E lembrando os catro aspectos clave da candidatura: o seu acreditado valor universal excepcional, a súa integridade territorial, os niveis de protección específicos dos que xa dispón e a existencia dunha unidade de xestión a través do Padroado do Parque Nacional.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.118

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.