Lunes, 24 de Noviembre de 2025

Xornal21
Miércoles, 14 de Marzo de 2018 Tiempo de lectura:
MOS

A Policía Local de Mos imparte un curso de seguridade infantil a bordo dos vehículos

Impartirá o sábado 17 de marzo no Multiusos un curso sobre sistemas de retención infantil titulado ‘A súa seguridade ao teu alcance’.

O vindeiro sábado, día 17 de marzo, ás 12.00 horas, a Policía Local de Mos impartirá no Multiusos das Pozas unha charla formativa sobre sistemas de suxección infantil nos vehículos, enmarcada baio o título ‘A súa seguridade ao teu alcance’.


As persoas interesadas en participar no mesmo deberán inscribirse previamente nas Escolas Infantís de Mos: a da Porteliña e a de Cototorrón, ou ben a través do teléfono 986 33 72 78.


Este curso ten como obxectivo fundamental concienciar á poboación de que tódolos nenos/as que viaxen en coche deben levar sempre a súa cadeira adaptada.


Así mesmo os menores con altura igual ou inferior a 135 centímetros deben viaxar obrigatoriamente nos asentos traseiros do vehículo pola súa seguridade. Excepto cando o vehículo non dispoña de asentos traseiros, estes estean ocupados por outros menores coas mesmas características, ou cando non sexa posible instalar nos asentos traseiros tódolos sistemas de retención infantil.


Dende a Policía Local de Mos considérase fundamental a concienciación respecto deste tema, pois os sistemas de retención infantil reducen nun 75% as mortes en un 90% as lesións. As lesións máis frecuentes cando non se utilizan os S.R.I son lesións de pescozo en cativos de ata 2 anos de idade, lesións na cabeza entre os 2 e os 4 anos; e lesións abdominais entre os catro e dez anos.


Outros aspectos abordados polos axentes policiais locais serán como elixir o sistema de retención máis axeitado, nocións para mercar unha cadeira adecuada, e para instalala correctamente con cintos de seguridade ou Isofix.
Detalladamente explicaranse durante esta actividade os grupos de idade e as características dos sistemas de suxección específicos de cada grupo. O grupo 0 e 0+ que integra ós recén nacidos de ata 13 quilos aproximadamente, o grupo 1: de 9 ata 18 quilos aproximadamente, os grupos 2 e 3: de 15 ata 36 quilos aproximadamente e a partir de 135 centímetros de altura.


Para as mulleres embarazadas asistentes á acción formativa explicarase tamén como empregar o cinto de seguridade durante o embarazo. E os policías mosenses concluirán a súa exposición con cinco regras de ouro sobre os sistemas de retención infantil que son empregar sempre o sistema de retención infantil axeitado á altura e peso do/a neno/a, colocar o maior tempo posible a cadeira en sentido contrario á marcha, asegurarse de que a cadeira está ben anclada ao vehículo e que o neno/a vai ben suxeito/a, vixiar os traxectos curtos e dar exemplo ós cativos poñéndose sempre o cinto.


Para as futuras nais explicarase que as cadeiras de protección deben empregarse dende o primeiro viaxe en coche dos recén nacidos, á saída dos mesmos do hospital.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.158

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.