Martes, 25 de Noviembre de 2025

Xornal21
Jueves, 15 de Marzo de 2018 Tiempo de lectura:
MOS

Aberto o prazo de matrícula nas Escolas Infantís de Mos

O próximo curso, coa nova de Veigadaña, xa haberá operativos tres centros mosenses.

Dende a concellería de Política Social mosense que dirixe a edil Sara Cebreiro infórmase de que se atopa aberto o prazo de matrícula para os/as pais/nais interesados/as en inscribir aos seus fillos/as nas Escolas Infantís da Xunta da rede “A Galiña Azul” en Mos, e que o vindeiro curso esolar 2018-2019 serán xa tres: a nova da Veigadaña, a de Cototorrón e a de Porteliña.


O prazo para a presentación das solicitudes rematará o 9 de abril. A relación provisional de admitidos publicarase o 9 de maio e a listaxe definitiva o 31 dese mesmo mes.

 

 

 

 

Rematará o vindeiro 9 de abril

 

 

 


Haberá que escoller entre xornada continuada ou media xornada, entendendo xornada continuada desde primeira hora da mañá ata despois de comer, sen superar nunca as 8 horas diarias, e media xornada, con ou sen comedor, cando non se superen as 4 horas diarias. As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es
Opcionalmente, tamén se poderán presentar as solicitudes en papel en calquera dos rexistros da Xunta.


Os interesados en obter máis información sobre as prazas de Mos poden chamar por teléfono á Escola Infantil da Porteliña ao número.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.158

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.